Amosando publicacións coa etiqueta conciliación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conciliación. Amosar todas as publicacións

23 de setembro de 2026

Sentenza compensación sábados festivos

Unha vez celebrado so xuízo contra a patronal AEB, tal e como xa informamos, a Audiencia estima parcialmente as demandas interpostas por CIG, FeSMC–UGT, CC.OO e CGT fronte á Asociación Española de Banca, recoñecendo ás persoas traballadoras afectadas polo conflito o dereito a compensar cun día de descanso adicional o festivo estatal, local ou de Comunidade Autónoma que coincida con día de descanso semanal en sábado, pero unicamente respecto do período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro de cada anualidade.

A compensación deberá realizarse no prazo dos 14 días seguintes, condenándose a recoñecer dita compensación retroactivamente ás persoas traballadoras que se atopasen en dita situación, no período considerado non prescrito.

No caso de CECA acordouse aplicar a sentenza que se ditara no xuízo de AEB, pero o litixio sigue vivo. Hai que subliñar que, no sector de Aforro, cando se pactou librar os sábados non se reduciu a xornada, trasladando esas horas de luns a venres, incluíndo ademais unha tarde os xoves.

Este asunto non remata aquí. Imos presentar recurso no Tribunal Supremo para que sexan recoñecida a compensación de todos os sábados festivos do ano e sen ningún tipo de contrapartida.

17 de xuño de 2026

Compensación de festivos en sábado

Presentados Conflitos Colectivos contra AEB e CECA

Como xa informamos, requirimos as patronais para que recoñezan o dereito do persoal a un día de libranza como compensación por cada festivo que cae en sábado.

Celebráronse senllos actos de conciliación no SIMA en , sen chegar a un acordo, polo que a CIG presentou os respectivos conflitos colectivos na Audiencia Nacional.

A compensación dos festivos, cando cadran en sábado, é algo que ningún dos convenios colectivos do sector financeiro contempla.

Nese senso, a CIG, como non asinantes deses convenios, ten toda a lexitimidade para reclamar a compensación ou a alzar a voz contra o modelo laboral e comercial da banca española. Un modelo laboral e comercial que foi implantado a través dos convenios e de acordos de empresa asinados sempre polos mesmos.

20 de marzo de 2026

6 de marzo de 2026

Por unha iguladade real no BBVA

BBVA asinou en 2023 un Plan de Igualdade no que asume que ten unha Auditoría Salarial fallida.

Os sindicatos asinantes deron un balón de osíxeno de 18 meses no propio Plan para negociar un novo Sistema de Avaliación de Postos de Igual Valor. Os 18 meses remataron en xaneiro de 2025 e chocaron cunha OPA que, sendo o único importante nese momento, deixou na «lista de agarda» o desenvolvemento dun sistema que nos permita coñecer a fenda salarial real no BBVA. Cousa imposíbel até o momento.

En xuño de 2025 o banco convocou só aos sindicatos asinantes a unha xuntanza na que presentou un novo sistema para a avaliación de postos, non negociado.

A CIG non foi convocada e, como xa lle indicamos á empresa, a negociación deste novo sistema é unha competencia da Mesa Negociadora na que temos que estar todas as partes. Non se pode deixar fóra a ninguén baixo o pretexto de facelo a través dunha comisión de seguimento. Cada cousa para o que é. O Plan de Igualdade remata en 2027. Botade contas.

Celebramos este 8M con sobrados motivos para reclamar ao BBVA que se suba «de verdade» ao carro do feminismo, con plena consciencia:

  • Queremos coñecer a Fenda Salarial real e os seus motivos.
  • Queremos non ter que acadar os mesmos obxectivos se estamos en redución de xornada e salario.
  • Queremos facer extensiva a concreción horaria como a mellor ferramenta de conciliación e non ter que renunciar ao noso salario.
  • Queremos eliminar o chan pegañento que discrimina a tantas compañeiras e frustra carreiras e talento.
  • …(escribe o teu motivo)

Sobran os motivos para saír á rúa, tamén por unha igualdade real no BBVA, porque o 8M vai de loita e reivindicación, súmate á CIG!

8M

24 de marzo de 2025

15 de marzo de 2024

Intervención da CIG 
Xunta xeral de accionistas 2024

Quenda de intervencións Xunta Xeral de Accionistas BBVA 2024

Neste ano 2024, a CIG volveu intervir na xeral de accionistas do BBVA para facerlles escoitar a vosa/nosa voz. Semella que co masivo seguimento da folga do día 29 en deberían xa coñecer o estado do persoal do banco, o clima laboral existente, e as problemáticas cotiás, pero cremos necesario reiterarllo.

Se a dirección do banco pensaba que o motivo só foi pola negociación do convenio colectivo, fixémoslles saber do descontento, desánimo, esgotamento e fartura do cadro de persoal, do que son directamente responsables.

27 de outubro de 2023

Proceso participativo: ti traballas, ti decides!

Elabora as propostas sindicais cara a negociación do Convenio

Quen traballa todos os días es ti, o que está en xogo é como traballas e como se retribúe o teu esforzo, para iso está a negociación colectiva. Por iso, dende a CIG cremos que as propostas sindicais que defendamos na Mesa Negociadora, temos que decidilas conxuntamente.

Poñemos en marcha un proceso participativo, aberto a todo o persoal a nivel galego e anónimo (non precisamos os teus datos). Queremos coñecer cales son os problemas que te preocupan, aos que o Convenio debería dar resposta.

O convenio anterior, como era previsíbel, engordou os beneficios empresariais e recortou inxustamente os nosos salarios. Por outra parte, normas beneficiosas do convenio, coma os horarios, non se aplican. As empresas impoñen sen oposición horarios que, dende unha óptica presencialista, ordenan as Direccións Comerciais.


Podes encher en liña a devandita ou ben, se a fas en papel, a podes entregar a calquera delegada ou delegado da CIG, ou remítila á Sección Sindical da CIG por correo electrónico ou postal.
Agradecemos moitísimo a túa participación e compromiso.


4 de xullo de 2023

Unha nova sentenza avanza no dereito á adaptación de xornada na banca

O Xulgado do Social nº 5 de Vigo declarou o dereito dunha traballadora do BBVA a acollerse á adaptación de xornada por coidados. Esta é a segunda sentenza favorable a unha traballadora de banca afiliada á CIG.

As persoas traballadoras temos dereito a solicitar a adaptación da duración e distribución da xornada, na ordenación do tempo de traballo e na forma de prestación, incluída a prestación de traballo a distancia, para facer efectivo o dereito á conciliación da vida familiar e laboral. Un dereito que os bancos están denegando por sistema obrigando en moitos casos a reducir xornada e salarios. Isto implica unha redución dos ingresos, pero tamén afecta á carreira profesional, maioritariamente das mulleres.

14 de abril de 2023

O Banco preséntanos un Plan Piloto de peches parciais de oficinas

O tempo deunos a razón. Só a CIG se opuxo ao peche de oficinas, sobre todo no rural. Agora a caída do Silicon Valley Bank ou do Credit Suisse demostrou que a liquidez, é dicir, o pasivo, é fundamental. Era previsible que a liquidez do BCE rematase, algo que a Dirección do Banco non valorou guiada polo curto pracismo. Pero o BBVA tropeza dúas veces coa mesma pedra e xa nos anunciou un Plan Piloto de peches parciais de oficinas.

Por outra banda, como xa temos denunciado, falta persoal, as oficinas están asfixiadas, con sobrecarga de traballo, e seguir reducindo persoal empeora a situación. Este novo Plan do BBVA ratifica que é necesario mobilizarse para virar unhas políticas desnortadas e antilaborais.

17 de marzo de 2023

25 de xaneiro de 2023

Dende o pasado abril, 6 manifestacións e 99 concentracións para reclamar a suba salarial

Xornada de loita en Pontevedra.

Para un salario medio (45.000 €) a perda anual (pola non actualización co IPC dos anos 2021—2022) é de 4.770 €. Os atrasos acumulados que non cobraremos son 9.540 euros de media. Unha vez que os bancos asociados á AEB están aboando a «suba adicional 2023», vemos coma en moitos casos está no 2 % (xa que non se actualiza a antigüidade). Por iso a CIG segue reclamando que se soben os prezos, teñen que subir os salarios

23 de novembro de 2022

Obrigamos á patronal a sentarse, pero o conflito debe continuar se non hai cláusula de revisión

No ano 2020 perdemos salario, en 2021 perdemos salario, en 2022, perdemos salario e, conforme aos Organismos Públicos, en 2023 e 2024 perderemos salario. Que a AEB se abra a negociar, non implica que se evite a sangría salarial, que se recupere o perdido e se impida perder máis durante a vixencia do .

Como todos e todas sabedes a CIG reclamou, tanto dos distintos bancos, como da propia AEB unha actualización dos salarios. Ante a súa negativa comezamos mobilizacións a principio de ano, . Nos últimos meses comezamos a tratar de ampliar a fronte contra os recortes, tendo contactos con outros sindicatos que non aceptaron os recortes no Convenio, co obxectivo de lanzar unha convocatoria de .

8 de novembro de 2022

Mobilizacións en Vigo para demandar a actualización dos salarios

Quinta xornada de mobilizacións, manifestación e concentracións en 16 oficinas bancarias.

A quinta xornada de loita da CIG tivo lugar en con máis motivos que nunca: por unha parte, os bancos presentaron beneficios escandalosos e por outra, foi patente a ruptura da negociación ilegal no observatorio sectorial.

Manifestación en Vigo o pasado 8 de Novembro 2022 pola actualización dos nosos salarios

18 de marzo de 2022

1 de febreiro de 2021

Coa conxelación salarial seguen a pagar os despedimentos no sector. Pagamos nós!

Asinado o convenio colectivo para os anos 2019–2023


O pasado venres, 29 de xaneiro, os sindicatos estatais CC.OO, UGT e FINE asinaron coa AEB o novo convenio colectivo para o sector de Banca.

A CIG non asinou este convenio…

22 de outubro de 2020

Excesos de xornada, saúde, igualdade real e suba salarial

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Na xuntanza de convenio do 21 de outubro, tendo en conta a situación de parálise na negociación, provocada pola patronal que ata o de agora non estivo disposta a variar en nada a súa proposta inicial de recortes e conxelación, e coa intención de avanzar e delimitar aspectos fundamentais dentro das nosas reivindicacións, dende a CIG abordamos algúns aspectos recollidos na nosa plataforma que consideramos imprescindible incluír no texto do convenio que regulará as relacións laborais no sector os próximos anos. Aspectos que coinciden coas preocupacións das persoas traballadoras do sector.

20 de maio de 2020

BBVA, o persoal deuno todo: Agora el necesítate



Como é sabido, o noso sector considerado servizo esencial nesta crise, tívose que adaptar en tempo récord a novas formas de prestación de servizo, para garantir a saúde dos traballadores e traballadoras, e evitar a propagación do virus que provocou esta pandemia a nivel mundial. E BBVA para poder dar servizo á clientela, actuou axilmente ante devandita situación con medidas como o .

8 de maio de 2020

O banco aplica as condicións laborais pactadas

O BBVA está aplicando no teletraballo as condicións pactadas cos seus sindicatos, polo que resulta sorprendente que pretendan botar balóns fóra e saian a criticar.

O cadro de persoal démolo todo para axudar á clientela e conseguimos sacar adiante as liñas ICO (malia a actuación da Dirección), as moratorias… Con moitísimo esforzo e horas. Horas extras que ninguén pensa pagarnos por moitas mensaxes de «arenga» e discursos de autobombo que nos envía a Dirección.

13 de marzo de 2020

10 de marzo de 2020

Xunta Xeral de Accionistas 2020

Como en anos anteriores, a CIG acudirá a do BBVA, en representación tanto da sección sindical como das compañeiras e compañeiros que nos delegaron o seu voto.

O venres 13 de marzo, trasladarésmoslle ao Consello de Administración e resto do accionariado da Entidade, a nosa visión a respecto da problemática laboral que sufrimos a cotío nos nosos postos de traballo, ademais da visión sobre a situación da Entidade derivada do proceso xudicial aberto.