10 de marzo de 2020

Xunta Xeral de Accionistas 2020

Como en anos anteriores, a CIG acudirá a do BBVA, en representación tanto da sección sindical como das compañeiras e compañeiros que nos delegaron o seu voto.

O venres 13 de marzo, trasladarésmoslle ao Consello de Administración e resto do accionariado da Entidade, a nosa visión a respecto da problemática laboral que sufrimos a cotío nos nosos postos de traballo, ademais da visión sobre a situación da Entidade derivada do proceso xudicial aberto.

O compañeiro Xose Miguel Fernandez fará a intervención que podes consultar aquí, na que faremos mencion das consecuencias nefastas para a Entidade da presidencia do Sr. Gonzalez, que seguen repercutindo negativamente no Banco e, por ende, sobre o conxunto do cadro de persoal.

As persoas cambian pero a actual dirección mantén as costumes da anterior, e seguen recollendo masivamente cesión de votos, para, outra volta, conseguir aprobar os seus intereses, entre os que destacan coma sempre a suba de retribucións variables para un colectivo de 339 persoas privilexiadas, mentres seguen recortando os salarios da maioría do persoal.

No que respecta ao clima laboral, denunciaremos a continuidade da política do medo, da presión, da coacción e da ameaza constante sobre o persoal, acosándonos con ránkings, pools de baixo desempeño, plans de seguimento, etc., esixíndonos o cumprimento duns obxectivos comerciais inalcanzables. Sobre o mesmo persoal que co seu traballo cotián, honrado (a diferenza doutr@s), e que xera beneficios e mantén a clientela.

Denunciamos ademais a situación das mulleres no BBVA cun salario medio inferior nun 30% ao salario dos homes e cun teito xa non de cristal, senón de formigón, nos postos de dirección de oficinas cara arriba, nos que as mulleres non chegan nin ao 25%.

Cun plan de igualdade vencido en 2010, anacrónico, que non reflicte a situación actual e non permite corrixir a situación de desamparo das compañeiras que queren facer efectivo o seu dereito ás reducións de xornada por coidado de menores (ou persoas dependentes), e ás que o banco, unha e outra vez, sutil pero eficazmente para os seus intereses, pon continuos impedimentos, facendo que teñamos que acudir á denuncia diante dos tribunais de xustiza.

Compañeiras, compañeiros, agradecemos a vosa confianza nas delegacións de voto que nos fixestes, porque iso fai posible que sigamos podendo ser a vosa voz en calquera foro no que teñamos oportunidade de denunciar as nosas condicións.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Ningún comentario: