O BBVA está aplicando no teletraballo as condicións pactadas cos seus sindicatos, polo que resulta sorprendente que pretendan botar balóns fóra e saian a criticar.
O cadro de persoal démolo todo para axudar á clientela e conseguimos sacar adiante as liñas ICO (malia a actuación da Dirección), as moratorias… Con moitísimo esforzo e horas. Horas extras que ninguén pensa pagarnos por moitas mensaxes de «arenga» e discursos de autobombo que nos envía a Dirección.
Pero o BBVA está actuando así, grazas a unha serie de Acordos con CC.OO, ACB e UGT:
- As condicións de prestación do teletraballo están contempladas nun Acordo asinado no ano 2011. Un acordo sen garantías
- O rexistro de xornada «fake» e unha desconexión dixital que non permite desconectar foron pactados no Acordo Rexistro de Xornada e Desconexión Dixital polo BBVA–CC.OO–ACB–UGT no ano 2019. Tirando por terra un dereito laboral, o do rexistro da xornada, contemplado no Estatuto dos Traballadores grazas á CIG.
A CIG non quere esmolas, e seguiremos reclamando dereitos:
- Un Rexistro de Xornada real, que permita demostrar as horas extras. E que se garanta o dereito á desconexión dixital
- Que se paguen as horas extras conforme á lexislación
- E que o BBVA, Entidade de peso na AEB, aposte por negociar un Convenio Colectivo digno
PD
É preocupante que o banco utilice a pandemia para avanzar nun modelo de dixitalización que destruirá os nosos postos de traballo.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario