(será máis doado que un camelo entre polo ollo dunha agulla que se te recoñezan as horas extras)
En primeiro lugar o acordo mantén o sistema autodeclarativo, establecendo que se trata de unha relación entre iguais, cando a relación laboral é asimétrica e o propio rexistro de xornada é necesario dado que o traballador/a é a parte feble da relación, tal e como argumentou o TXUE na súa sentenza.
Non parece lóxico que en pleno século XXI o modelo do rexistro non totalice a xornada, debendo facelo o traballador/a, a «aplicación» non será nen sequera unha «folla de cálculo». O motivo? Que sexa aberto á fraude.
Xera tamén unha gran inseguridade xurídica para o persoal, que se desconte o que din «interrupciones que obedezan a unha razón o motivación persoal». Sen establecer cales son, ou as propias limitacións, o que pode dar lugar a sancións disciplinarias no futuro. Pero sobre todo será un saco sen fondo para maquillar horas extraordinarias.
Hai horas extraordinarias que se realizan para dar cumprimento a Normativas Internas, a requirimentos da propia empresa (obxectivos comerciais) ou seguindo instrucións verbais dun superior (por exemplo a persoas en seguimento), que o acordo non recoñece. No parece lóxico establecer neste caso un segundo filtro, a «autorización dun superior».
O acordo amplía a xornada laboral, indicando que hai 15 minutos de exceso diario que non terán a consideración de horas extras. Se temos en conta ese tempo, as horas extraordinarias non serán as que superen a xornada diaria (como afirman), senón a xornada en cómputo anual (superior á suma dos horarios).
En definitiva haberá un triple filtro para que se consideren as horas extraordinarias: que alguén non decida que son «interrupcións de carácter persoal»; que sexan autorizadas por un superior aínda que respondan a cumprimentos normativos; e por último, que superen as 1.700 horas anuais.
Máis que rematar coas horas extras ilegais o acordo pon máis trabas para que estas sexan consideradas como tal, achegando seguridade xurídica á empresa e inseguridade xurídica aos traballadores e traballadoras.
Por último non existe un dereito a desconexión dixital, o que expoñen xa era así legalmente, toda vez que as horas extraordinarias son voluntarias. A desconexión sería garantir que os sistemas operativos non funcionen fóra da xornada laboral, non recibir correos, chamadas, ou convocatorias fóra da xornada, algo do que o acordo non fala.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario