Os sindicatos que formamos parte das Mesas Negociadoras dos dous Convenios Colectivos existentes no sector de Banca, bancos da AEB (CGT, CIG, ELA e LAB) e bancos de CECA (CIC e CIG), consideramos que ante a gravidade dos feitos que estamos vivindo debemos manter una posición unitaria, trasladando ao conxunto da sociedade e aos cadros de persoal o noso temor ante a posible irresponsabilidade de CC.OO, UGT e FINE de aceptar o modelo de rexistro de xornada proposto polos bancos.
Un modelo que desmantela de facto o Rexistro de xornada de obrigado cumprimento para as empresas, conforme ao RD. lei 8/2019, sentando un precedente, xa non só para todo o sector financeiro, si no para o conxunto das empresas.
O modelo proposto pretende formalmente cumprir coa lei pero deixa en mans do traballador/a rexistrar a hora de entrada e saída, eludindo así un rexistro real e automático da xornada laboral.
Para nos o sistema debe ter, como mínimo, as seguintes características:
- Ha de ser universal e aplicable a todo o cadro de persoal.
- Debe ser inalterable.
- Debe ser automático, informático e non «autodeclarativo».
- Debe recoller claramente o tempo dedicado á saúde, ao descanso, á formación, ás citas médicas, etc.
- Debe quedar claro que as horas extraordinarias (para establecer a súa compensación e cotización á Seguridade Social) son as que superen a xornada ordinaria de cada persoa, definida no Convenio Colectivo ou nos Acordos de Empresa e non, como pretende a patronal, aquelas que unicamente superen a xornada máxima en cómputo anual que se establece no convenio sectorial.
- Debe establecer medidas que impidan as previsibles presións para evitar el sistema.
As estatísticas oficiais recollen de xeito recorrente que o sector financeiro é un dos que lidera a fraude das horas extraordinarias non pagadas. É dicir, os grandes bancos que teñen beneficios multimillonarios, non están pagando nin cotizando á Seguridade Social as horas extraordinarias que realizan os traballadores e traballadoras, mentres se debate a viabilidade do sistema público de pensións e se recortan as pensións dos nosos maiores.
Por outra banda, nos vindeiros meses e sen perspectiva de cambio, os cadros de persoal das entidades serán os prexudicados pola situación actual: continuará o proceso de destrución de emprego, sen desbotar novos procesos de fusións; os cadros de persoal xa sobrecargados de traballo, reduciranse de novo destruíndo milleiros de postos de traballo; o mantemento da política do BCE, impactará nas contas de resultados, polo que os bancos buscarán a rendibilidade a través do incremento do cobro de comisións pola colocación de produtos financeiros de terceiro, o que dende o punto de vista dos cadros de persoal levará a un incremento dos obxectivos comerciais e a presión para conseguilos.
Este escenario anticipa un incremento das horas extraordinarias, derivadas da carga de traballo, do incremento dos obxectivos e das presións empresariais para que se realicen.
Por último indicar que o que era un problema para as empresas defraudadoras pode converterse nun problema para os traballadores e traballadoras. Como simple exemplo, traballarás máis horas das establecidas, rexistrarás só o «horario teórico» e, a final de ano, os bancos poderán dicir que non cumpriches a xornada mínima anual (que es superior á suma dos horarios).
Por iso nos permitimos dirixirnos ás bases de CC.OO, UGT e FINE, aos seus afiliados ye afiliadas; e a os delegados e delegadas, para que presionen ás cúpulas sindicais para que non cedan ás pretensións da patronal.
O noso traballo e esforzo diario, non pode saír de balde.
O rexistro de xornada é garantía dos nosos dereitos.
CGT · CIC · CIG · ELA · LAB
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario