9 de agosto de 2019

As formacións regulatorias son tempo de traballo por lei

O tempo das formacións regulatorias é tempo de traballo efectivo, así o define o Estatuto dos Traballadores/as:

Artigo 23.1.— os traballadores (e traballadoras) terán dereito:
  1. Á formación necesaria para a súa adaptación ás modificacións operadas no posto de traballo. A mesma correrá a cargo da empresa, sen prexuízo da posibilidade de obter a tal efecto os cretos destinados á formación. O tempo destinado á formación se considerará en todo caso tempo de traballo efectivo.

Cando en 2016 foron as primeiras formacións MiFID, directiva UE 65/2014, o Goberno non tiña aprobada a transposición á lexislación española, aínda que a CNMV publicara a (que non ten rango de lei). Por iso a xustiza española, nunha demanda contra o , considerou que as formacións MiFID, eran voluntarias e non eran horas extraordinarias. A transposición foi realizada en setembro de 2018 (RDL14/2018).

As formacións MiFID e as formacións LCI (Lei 5/2019, artigo 16) son obrigatorias hoxe, porque así o establece a lexislación española e, polo tanto, se se realizan fóra da xornada laboral son horas extraordinarias.


Hoxe mesmo dirixímonos a RR.LL para solicitar que habiliten tempo de estudo dentro da xornada laboral, reducindo ademais a carga de traballo das persoas que teñan que realizar estas formacións. Se o curso se realiza fóra da xornada laboral, que recoñezan que son horas extraordinarias e procedan a compensalas ou pagalas e cotizalas.



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190809 [.pdf • 164 kB]


Ningún comentario: