19 de xullo de 2019

Cal é o problema de aceptar a aplicación de Rexistro dos Bancos

Bancos e sindicatos pactaron negociar a implantación do Rexistro de Xornada até o 31 de xullo; as patronais bancarias bloquearon a negociación, conseguindo que o sindicalismo estatal se rendera e asumira o seu modelo

Normalmente os convenios colectivos contemplan unha xornada máxima ordinaria, que se calcula tendo en conta os horarios pactados. Pero nos convenios colectivos do sector financeiro contemplan un horario e, por outra parte, unha xornada máxima anual desvinculada de aquel. É dicir, a xornada máxima anual é superior á que se desprende do cumprimento dos horarios.

Así por exemplo, a desaparición das mañás dos sábados non tivo o lóxico reflexo na redución da xornada en cómputo anual.

Manifestación do persoal dos bancos o pasado 22 xuño en Santiago
  Manifestación do persoal dos bancos o pasado 22 xuño en Santiago.
«Aceptar unha aplicación desvinculada do sistema é admitir que continúe a fraude, por iso a CIG non comparte a proposta dos sindicatos estatais».

A CIG sempre reclamou que as reducións de horarios debían reducir, en consonancia, a xornada máxima anual. Outros dicían que non tiña importancia, e agora temos o problema.

As patronais (AEB e CECA) e os distintos bancos que afrontan negociaciacións internas para a implantación do rexistro, alegan que son horas extras as que superen a xornada máxima anual (1.700 nos bancos da AEB e 1.680 nos bancos de CECA).

Para a CIG a xornada máxima anual debe ser un reflexo do cumprimento dos horarios pactados. Pero ese é un dos problemas que estamos atopando na negociación dos .

As aplicacións que propoñen os bancos.

Outra das cuestións que están dificultando a negociación, é a intención das empresas de poñer en marcha aplicacións desvinculadas totalmente dos sistemas informáticos. Quere dicir que a realización de traballos feitos e demostrables, sería independente do rexistro, poderías operar no sistema informático sen computar ese tempo de traballo.

Ademais, pretenden que a aplicación rexistre a hora de entrada e a de saída (pero se saes tarde tes que solicitar a previa autorización dun/dunha responsable superior).

Por último, para totalizar as horas de traballo efectivas terías que introducilas ti, malia ser claramente unha obriga empresarial. Un modelo non fiable, que parte dunha manipulación absoluta e que non cumpre co establecido na lexislación.

Aceptar unha aplicación de Rexistro de Xornada desvinculada das aplicacións que rexistran o traballo efectivo, é admitir que continúe a fraude. Por iso a CIG non comparte as «Propostas Conxuntas» realizadas polos sindicatos maioritarios a nivel estatal.

A CIG é partidaria da unidade de acción, pero esta non pode pasar por aceptar as propostas patronais que desactivan a validez do Rexistro de Xornada.

Se os bancos non aceptan un Rexistro fiable e non manipulable, os sindicatos deberíamos estar traballando na Unidade Sindical para mobilizarnos e plantexar un «outono quente». Esa é a unidade para avanzar.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190719 [.pdf • 797 kB]


Ningún comentario: