27 de xuño de 2019

Plan de Formación LCI no BBVA

Desde BBVA–Formación informóusenos do detalle da Formación LCI (Lei de Contratos de Crédito Inmobiliarios), que cubrirá a obriga de formación nesta materia que debemos ter as traballadoras e traballadores do sector financeiro.

O Real Decreto que regula a LCI, establece a obriga de ter esta formación a partir do 29 de xullo. No BBVA lánzase o Plan de Formación a partir do 27 de xuño, aínda que o período para realizar o curso queda aberto «sine die». Será un curso que queda en catálogo, como os de EFPA.

Todas as traballadoras e traballadores que debamos realizar esta formación recibiremos unha tarxeta de invitación para levala a cabo, pero ante a evidencia de que non será posíbel executala de forma inmediata (estamos en período de vacacións…) haberá varias convocatorias e as persoas afectadas poderanse presentar cando estean preparadas.



Como será o curso?


O curso que propón BBVA será de 50 horas e algunhas poderanse convalidar< se a traballadora ou o traballador ten:

  • certificacións de EFPA/CAFI
  • licenciatura ou grao en Económicas, Dereito ou ADE
  • 5 anos de antigüidade no sector financeiro

Estas convalidaciones son acumulativas, podendo chegar a reducir a duración do curso a 25 h.

Será un curso on–line, a través do campus BBVA e no momento da conexión e segundo as convalidaciones de cadaquén, o sistema indicarache en que módulos te debes inscribir.

O curso débese facer dentro da xornada laboral.


Convocatoria de exame


O exame será tipo test (4 preguntas) e aprobarase co 70 %  de acertos (o erro non desconta).

Realizarase fóra do Banco, a través de EFPA que será a entidade certificadora. Iranse convocando exames de forma periódica, de forma que cada traballadora ou traballador se poda presentar no momento que se atope preparada/o.

Obterase o diploma EFPA en asesoramento hipotecario.

A inscrición e o pago do exame será centralizado, a traballadora ou traballador non deberá pagar nada.


Quen se deberán certificar?


No BBVA un total de 14.000 persoas deberán realizar esta certificación, principalmente na rede comercial aínda que tamén nalgúns servizos centrais (riscos, produtos ou mercadotecnia). Para o resto do persoal, farase unha píldora formativa de 1 h. de duración.

Será necesaria tamén recertificación: 10 horas que servirán tamén para recertificación EFA. Recertificacións dentro do ano natural.

Desde a CIG solicitamos ao Banco:

  1. Que se dean instrucións claras ao persoal sobre a venda de produtos hipotecarios a partir do 29 de xullo (o persoal aínda non terá a certificación).
  2. Que se establezan compensacións: días de libranza por certificación e puntos na avaliación do ano en que se obteña a mesma.




Ligazón relacionada:

Comunicado:



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Ningún comentario: