12 de xuño de 2019

Canto che debe o BBVA?

Escoitaches falar da xente que asina nóminas e cobra menos? A ti pásache algo semellante. A maior parte do persoal de Banca está sufrindo ese tipo de prácticas cando realiza horas extraordinarias que non son pagadas, nin compensadas con libranza.

Como BBVA non as paga, moita xente non sabe o que lle corresponde e xa se sabe «ollos que non ven…»


Custe estatístico horas extras e importe a cobrar MENSUAL
segundo horas extras realizadas á semana (en euros)

Salario Anual Custe hora extra h. semanais h. semanais h. semanais
25.000   14,70 118 176 294
30.000   17,64 141 212 353
35.000   20,60 165 247 412
40.000   23,53 188 282 471
50.000   29,40 235 353 588

cadro

Até o anterior convenio as horas extras tiñan un recargo do 75 %; bota contas do que significou este recorte. Como a CIG xa tiña en marcha a campaña polo Rexistro de Xornada, por se acaso, os bancos se blindaron.

Ademais, as nosas horas extras non pagadas permiten ao BBVA continuar coa reducición persoal, poñendo en perigo os postos de traballo, tamén o teu. Para evitalo as horas extras están limitadas por Lei a un máximo de 80 horas anuais, un límite que o banco se salta pola falta de rexistro.

Un sistema de rexistro efectivo, e garantir o dereito á desconexión dixital, obrigaría ao banco a dimensionar correctamente as oficinas e a asignar unha carga de traballo (obxectivos) realizable dentro da xornada laboral.

A CIG conseguiu que o Rexistro sexa unha obriga legal, pero o BBVA, coma ao resto de entidades, resístese a poñer en marcha un rexistro efectivo. Por iso pensamos que non podemos quedar parados, chegou o momento de dicir basta e presionalos a eles para que cumpran a lexislación. O traballo feito hai que retribuílo.


22 de xuño en Santiago: Manifestación dos traballadores e das traballadoras de banca



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190612 [.pdf • 322 kB]


Ningún comentario: