3 de xullo de 2019

Traballarías 2 meses ao ano sen cobrar? 
Contribuirías a destruír 12.049 postos de traballo?

A verdadeira dimensión do exceso de xornada

Os Bancos propoñen unha aplicación para , independente do resto de aplicacións:

Unha aplicación que nin tan sequera é unha folla de «Excel», xa que ti ficharías, pero terías que introducir cantas desas horas traballaches e cantas «estiveches na oficina vagueando».

  • Coa aplicación poderías rexistrar menos horas das reais (é o que buscan e o que te dirán verbalmente), aínda que o banco teña datos da xornada real.
  • Se o banco te convoca a unha reunión ou a un curso fóra da xornada, poderías non rexistrar o tempo de asistencia, e o banco tampouco o fará.
  • Non se utilizarían os datos que ten o banco a través dos accesos ao sistema operativo coa clave de usuario, de acceso ás Plataformas de Formación on–line, das tarxetas de entrada nos tornos de SS.CCetc.
  • Se saes tarde, ou fas horas extras, non poderías poñer a hora real de saída se non o visa un superior.

A aplicación que propoñen é unha fraude monumental. Para nós, ou se vincula esa aplicación para que non se poda operar no sistema informático sen rexistrarse, e se volcan datos do resto de sistemas (plataforma formación online, conexión coa clave usuario ao sistema, … etc..), ou o rexistro só servirá para lavar a cara dos Bancos.

Por último, traballar 2 horas extras diarias, é igual que traballar de balde dous meses ao ano. E se todas as persoas que traballamos para bancos de AEB facemos unha hora extra diaria, estamos destruíndo 12.049 postos de traballo. Esa é a dimensión do problema.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 190703 [.pdf • 114 kB]

Ningún comentario: