Amosando publicacións coa etiqueta lexislación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lexislación. Amosar todas as publicacións

29 de xuño de 2021

Manifesto por un Sistema Financeiro ao servizo da cidadanía

O sistema financeiro dun país é un piar fundamental para o seu desenvolvemento económico e social.

Por iso é preciso que o mesmo sexa equilibrado, solvente, e que garanta a prestación de servizos a todos os sectores da sociedade, especialmente aos colectivos máis vulnerables e con máis dificultades de acceso.

O modelo que está impulsando o Estado español, marcadamente oligopolistico, non responde as necesidades colectivas, senón que está ao servizo dos grandes accionistas (en moitos casos, fondos de investimento americanos) das principais entidades do sector, que reclaman rendibilidades de dous dixitos sen reparar nos medios para acadar ese obxectivo. Un fondo de investimento americano, , é o accionista maioritario dos grandes bancos españois ( e BBVA), e con participación moi importante no resto de entidades do sector.

9 de agosto de 2019

As formacións regulatorias son tempo de traballo por lei

O tempo das formacións regulatorias é tempo de traballo efectivo, así o define o Estatuto dos Traballadores/as:

Artigo 23.1.— os traballadores (e traballadoras) terán dereito:
  1. Á formación necesaria para a súa adaptación ás modificacións operadas no posto de traballo. A mesma correrá a cargo da empresa, sen prexuízo da posibilidade de obter a tal efecto os cretos destinados á formación. O tempo destinado á formación se considerará en todo caso tempo de traballo efectivo.

18 de outubro de 2018

Informe especial Decreto MiFID

Aprobada a transposición da Directiva Europea 65/2014 da MiFID

O Goberno desaproveita a oportunidade para poñer couto aos escándalos da banca

O pasado 28 de setembro o Goberno do Estado aprobou o Real Decreto Lei 14/2018 polo que se realiza a transposición da MiFID, que entrou en vigor o 10 de outubro de 2018. A MiFID supón unha reconversión en toda regra, que ten un gran impacto en todas aquelas persoas que traballamos no sector financeiro.
Os problemas da MIFID non son só as complexas e inútiles formacións
Os problemas da MiFID non son só as complexas e inútiles formacións.

 

DESPOIS dos sucesivos escándalos comerciais protagonizados pola banca e ante un novo modelo bancario máis especulativo, que bebe do modelo da banca de investimento e que pretende transformar aos aforradores e aforradoras en investidores, dende a CIG Banca viñamos demandando a adaptación desta normativa e entendemos que era unha obriga sindical prestar especial atención a este Real Decreto (RD).

Houbo que agardar a que a Comisión Europea interpuxese unha demanda contra o Reino de España no Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), por non ter realizado a obrigatoria transposición desta norma, para que o novo Goberno decidira aprobala a través dun RD.

No ano 2016 advertiamos que o mantemento dun tipos de xuros artificialmente baixos levaba a un estreitamento das marxes financeiras, polo que os bancos estaban levando adiante agresivas políticas comerciais, para derivar os aforros da clientela cara a produtos financeiros de investimentos que devirían en perdas para os aforradores e aforradoras, garantíndose os bancos o cobro de comisións.

Hoxe o tempo deunos a razón, a maior parte dos fondos de investimento acumulan rendibilidades negativas (perdendo a clientela minorista parte dos seus aforros). A contratación deste tipo de produtos, das propias entidades, non responde a unha demanda da clientela senón a unha oferta agresiva por parte da banca.

Unha vez analizado o RD, elaboramos un que vos facemos seguir ao tempo que o presentamos en rolda de prensa para denunciar que nos sobrecarga de burocracia, nos obriga a certificacións inútiles nas que sacrificamos o noso tempo, asumimos responsabilidades polas políticas comercias (malia que somos vítimas delas), e sen que todo isto sirva para protexer á clientela.

Nos vindeiros días daremos novos pasos con actuacións a distintos niveis, para denunciar o que supón esta normativa para o persoal dos bancos, e para demandar dos distintos gobernos modificacións e toma en consideración de cuestións que non foron abordadas e resultan cruciais polo noso ben e seguridade no día a día, e polo ben da nosa clientela.

Os bancos cambian, as direccións tamén, e o que todas e todos queremos manter é a confianza da clientela, que é a que nos dá de comer traballemos na entidade que traballemos, nos mande quen nos mande, e fagamos rico a quen fagamos.