15 de marzo de 2024

Intervención da CIG 
Xunta xeral de accionistas 2024

Quenda de intervencións Xunta Xeral de Accionistas BBVA 2024

Neste ano 2024, a CIG volveu intervir na xeral de accionistas do BBVA para facerlles escoitar a vosa/nosa voz. Semella que co masivo seguimento da folga do día 29 en deberían xa coñecer o estado do persoal do banco, o clima laboral existente, e as problemáticas cotiás, pero cremos necesario reiterarllo.

Se a dirección do banco pensaba que o motivo só foi pola negociación do convenio colectivo, fixémoslles saber do descontento, desánimo, esgotamento e fartura do cadro de persoal, do que son directamente responsables.

Esiximos unha remuneración acorde co esforzo do persoal, que recolla o beneficio xerado e compensar os anos de hiperinflación.

A resposta do banco, pola contra, é duplicar o seu soldo un ano máis e repartir migallas a algúns e algunhas afortunadas, cando o que tocaría sería asumir un plan de salarios ou prexubilacións serio e deixar de compensar e absorber cada pequena suba concedida.

Tamén reclamamos poder desenvolver o noso traballo en condicións laborais que non xoguen coa nosa saúde, sen levala ao límite, como demostra o alto número de baixas de longa duración. A solución non pode ser tomar pílulas para animarse ou reducir a tensión diaria. Asiendade provocada polos obxectivos desmedidos e desproporcionados, rankings que segundo a dirección «non existen», esixencias, presións e ameazas de «isto é o que hai», e «fóra fai moito frío».

Carga de traballo desmesurada polo desmantelamento da Rede de sucursais, onde ou segues o modelo imposto ou atendes á clientela. Clientela á que deixan abandonada á súa sorte co gallo da dixitalización e a imposición da tecnoloxía, e á que nos impiden atender adecuadamente.

Na nosa entidade vemos como o persoal de nova entrada traballa por un soldo, un chisco por riba do salario mínimo. E vemos persoal recentemente licenciado en ADE que dedica as tardes a certificar o CAFI. É normal que moitos homes e mulleres abandonen o barco buscando mellores horizontes laborais. Que os hai! Seguen sen atender as necesidades de conciliación do persoal, poñendo todos os impedimentos que se lles ocorren. Ademais, subliñamos a opacidade da información das retribucións, proporcionando datos tan enmarañados e incompletos que, o feito de facer un esforzo tan grande, nos leva a pensar que a fenda salarial entre homes e mulleres é moito maior da que pretenden contarnos.

Son tantas feridas inflixidas ao longo do tempo que, máis que facernos a pel máis dura, temos hipersensibilidade á súa total falta de empatía. Non todo vale.

E a resposta foi alta e clara, cunha folga total que contou coa participación de traballadoras e traballadores de diferente afiliación e de diferentes postos na organización.

Xa vai sendo hora de que tomen nota e dean pasos adiante para cambiar as cousas. Deixámoslles moi claro que o persoal non atura máis a situación e está disposto a defender as súas condicións de vida e de traballo cos mecanismos dos que dispoñemos, que xa utilizamos e volveremos a utilizar.

Velaquí tedes, deseguido, a intervención completa na pasada xeral de accionistas do BBVA · 2024


Bo día señoras e señores accionistas, Xunta Directiva. Bo día Señor Onur, señor Torres. Buenos días, egun on.


Son Carmen García e formo parte da Confederación Intersindical Galega (CIG), primeira forza sindical do BBVA en Galiza e o sindicato máis representativo da .

Estou aquí co mandato claro do persoal de transmitirlles o que non queren ou non poden oír, nestes escasos 5 minutos dos que dispoño.

Un cadro de persoal que o 29 de febreiro pechou masivamente os centros de traballo en para expresar o seu descontento, o seu desánimo, o seu esgotamento. A súa fartura.

Poderán dicirnos que o motivo da nosa protesta foi a negociación do e terán razón. Pero só en parte porque, insisto, para que o persoal peche «masivamente» as súas sucursais, teñen que saber o que hai detrás deste feito, aínda que non queiran. Porque vostedes son directos responsables.

A través dunha enquisa anónima de hai uns meses, os meus compañeiros e compañeiras foron moi claros. Esixen unha remuneración que recolla o beneficio xerado e compensar os anos de hiperinflación. E curiosamente así o reclaman na REDE, en SS.CC ou en Zona Contigo.

A súa resposta é duplicar o seu soldo un ano máis e repartir migallas a algúns e algunhas afortunadas, no canto de asumir un plan de salarios ou prexubilacións de xeito serio e deixar de compensar e absorber cada pequena suba concedida.

Pola contra, insisten en traballar por un acordo que debilite a nosa posición aínda máis, ampliando o rango de traslado forzoso a 50 km.

O cadro de persoal tamén foi inequívoco: queren traballar en condicións laborais que permita manter a súa saúde e non levala ao límite. Disto, o alto número de baixas de longa duración dá fe. E a solución non debe pasar por tomar unha pílula para poñer a vida en perspectiva, ou volver tomar outra distinta para reducir a tensión diaria e poder conciliar o sono. E, se isto non funciona, o BBVA pon á nosa disposición coidados psicolóxicos paliativos para nós e as nosas familias. Non, grazas, ese non é o camiño.

Pero disto vostedes non terán culpa, por suposto!

Vostedes, que asumen unha reorganización baseada no Bulling, onde ou aceptas o que che ofrecen ou xa podes despedirte do teu posto na organización. E por riba queren que o compremos como unha negociación voluntaria. Xa se sabe, entre susto ou morte, escollemos o menos malo.

Vostedes, que deixaron a Rede de Sucursais desmantelada, onde a decisión a tomar é: ou sigo o modelo ou atendo á clientela. Porque as dúas cousas ao tempo, non se pode.

Din que queren poñer a tecnoloxía ao alcance da xente pero, en realidade fixeron o contrario: poñer ao persoal á disposición da tecnoloxía, deixando á clientela abandonada á súa sorte nun «Modelo Fábrica» (as súas palabras) e impedindo que esa mesma clientela, moitas veces obrigada a entrar nesas canles, sexa atendida segundo sexa necesario.

A adecuada dotación de centros de traballo non é un luxo, señor Torres. Xogámonos a saúde.

Entendemos que é complicado, cando o persoal de nova entrada traballa por un soldo, un chisco por riba do salario mínimo. E vemos persoal recentemente licenciado en ADE que dedica as tardes a certificar o CAFI.

É normal que moitos homes e mulleres abandonen o barco buscando mellores horizontes laborais. Que os hai!

A nosa xente fala de necesidades de conciliación que non son atendidas, coa multitude de horarios coa creba da xornada por bandeira e poñendo impedimentos a solicitudes de redución de xornada ou de concreción horaria.

As mulleres do BBVA reclaman Igualdade e Transparencia Retributiva e vostedes se empeñan en proporcionar unha información salarial tan enmarañada e incompleta, que fai imposible a cuantificación da fenda existente no BBVA. E cando o esforzo por ocultar é tan grande, tememos que a diferenza de salario entre homes e mulleres debe ser polo menos igual de importante.

En Galicia somos moi conscientes do que hoxe lles falo. Como dos rankings que din que non existen, así como da obxectivación desmedida e imposible pedindo 2, 3 vendas CORE diarias o mesmo en Zona Contigo que na Rede, coma se fose o mesmo.

Son tantas as feridas inflixidas ao longo do tempo que, máis que facernos a pel máis dura, temos hipersensibilidade á súa total falta de empatía. Non todo vale.

E a resposta foi alta e clara, cunha folga total con persoal de diferente afiliación. De diferentes postos na organización.

Pero isto non o fixemos nós, isto o fixeron vostedes.




Ligazón relacionada:

Audio [ES/GL] da intervención da CIG en  [.aac · 4 MB]



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]



Comunicado 240315 [.pdf • 183 kB]



Ningún comentario: