14 de marzo de 2024

AEB lonxe de acadar melloras reais de convenio

No día de onte AEB fixo unha nova proposta salarial, mantendo a súa argumentación inicial; é dicir, apoiándose no Acordo Estatal de Negociación Colectiva (AENC) subscrito entre CC.OO, UGT e a patronal CEOE. E novamente, sen contemplar cláusula de garantía salarial para a vixencia do convenio, e sen ter en conta a perda de poder adquisitivo dos últimos anos.

Mantendo a súa proposta inicial de vixencia do convenio para catro anos, a suba salarial que propuxeron foi:

 
2024 2025 2026 2027
%  2,50 %  1,75 %  1,75 % 

A CIG manifestou na mesa que a recuperación do poder adquisitivo ten que ser unha realidade neste convenio. Pero ademais, se queremos que non se repita o escenario dos anos 2021 e 2022 onde o IPC superou con moito as subas pactadas en convenio, hai que ligar os salarios ao IPC cunha cláusula de revisión anual. A nosa proposta non variou, calquera mellora salarial debería ligarse ao IPC + un diferencial. Hoxe as previsións da inflación son á baixa, pero a experiencia dos últimos anos, onde os conflitos internacionais foron un factor determinante para a evolución da nosa economía, indícanos que eses escenarios se poden repetir, e poderíase reavivar á alza a inflación.

Incidimos en que a monopolización da negociación pola cuestión salarial, está relegando a un segundo plano cuestións que para as traballadoras e traballadores son fundamentais neste convenio.

Manifestación na Coruña o xoves 29 de febreiro

O persoal que participou na folga dos bancos AEB o 29 de febreiro en , tamén o fixo para amosar o seu fastío pola presión e acoso comercial, a carga de traballo e a falta de persoal. Ao tempo que deixaba clara a súa disposición a mobilizarse para mellorar as súas condicións laborais.

Xa o dixemos, a folga non é un fin senón un medio.

Se a patronal segue sen escoitar o clamor dos cadros de persoal, volveremos saír ás rúas e a deixar as oficinas baleiras para que se atendan as nosas xustas reivindicacións.

A próxima xuntanza da mesa de convenio será o martes 19 de marzo.

Seguimos na loita, os dereitos conquístanse na rúa.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 240314 [.pdf · 166 kB]



Ningún comentario: