Amosando publicacións coa etiqueta AENC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AENC. Amosar todas as publicacións

21 de marzo de 2024

A patronal INCUMPRE a súa palabra

Hoxe a patronal AEB presentouse na mesa de convenio cunha nova proposta de mínimos. Falando dunha suba salarial en catro anos do 10 %. E cunha cláusula de garantía salarial referenciada o IPC para aplicar ao final da vixencia do convenio, e topada no 2 %. Sen valorar outras materias de convenio.

Dende a CIG manifestamos na mesa que seguimos mantendo a nosa prioridade de recuperación do poder adquisitivo perdido e mantemento a futuro.

Ante este pulso da patronal, ás portas dunha xornada de folga, ás traballadoras e traballadores de sector non nos queda outra que responder a este envite. Dixémolo desde un principio, a CIG estaremos en todas as mobilizacións que se convoquen para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector, tamén na do 22 de marzo.

19 de marzo de 2024

Ou negocian ou convocaremos novas xornadas de Folga

Na reunión do martes 19, a patronal non concretou ningunha proposta. Pero comprometeuse a presentar unha oferta o próximo xoves que inclúa elevar a proposta salarial, buscar unha fórmula de preservar nalgunha medida as repercusións do IPC, e estudar unha variación na aplicación da cláusula de compensación para algún colectivo; en definitiva, un esquema similar ao acordado en CECA a semana pasada.

Desde a CIG insistimos en que a nosa premisa é que este convenio debe marcar un punto de inflexión a favor dos cadros de persoal, recoñecendo os sacrificios das traballadoras e traballadores do sector na última década. Para iso ten que mellorar substancialmente o aspecto salarial e as condicións de traballo.

O persoal mobilizámonos para recuperar salarios, pero tamén para denunciar o acoso, a presión comercial e a carga de traballo que soportamos no noso día a día. Esa é a realidade do sector.

Desde a CIG pulamos porque as subas salariais se negocien en convenio; non recoñecemos as supostas melloras discrecionais unilaterais dos bancos.

14 de marzo de 2024

AEB lonxe de acadar melloras reais de convenio

No día de onte AEB fixo unha nova proposta salarial, mantendo a súa argumentación inicial; é dicir, apoiándose no Acordo Estatal de Negociación Colectiva (AENC) subscrito entre CC.OO, UGT e a patronal CEOE. E novamente, sen contemplar cláusula de garantía salarial para a vixencia do convenio, e sen ter en conta a perda de poder adquisitivo dos últimos anos.

Mantendo a súa proposta inicial de vixencia do convenio para catro anos, a suba salarial que propuxeron foi:

 
2024 2025 2026 2027
3 %  2,50 %  1,75 %  1,75 % 

A CIG manifestou na mesa que a recuperación do poder adquisitivo ten que ser unha realidade neste convenio. Pero ademais, se queremos que non se repita o escenario dos anos 2021 e 2022 onde o IPC superou con moito as subas pactadas en convenio, hai que ligar os salarios ao IPC cunha cláusula de revisión anual. A nosa proposta non variou, calquera mellora salarial debería ligarse ao IPC + un diferencial. Hoxe as previsións da inflación son á baixa, pero a experiencia dos últimos anos, onde os conflitos internacionais foron un factor determinante para a evolución da nosa economía, indícanos que eses escenarios se poden repetir, e poderíase reavivar á alza a inflación.

1 de xuño de 2015

Proposta da AEB: máis obxectivos, maior carga e ritmos de traballo e xornadas laborais sen fin

Na reunión do 28 de maio abordouse todo o relacionado coa carreira profesional; cada sindicato presentou as súas propostas (algunhas copiadas das presentadas con anterioridade pola CIG). A patronal dedicouse a dicir non e a pretender unha maior mobilidade funcional, o que enlaza con outras medidas de flexibilidade (flexibilidade horaria, etc).

O acordo estatal entre patronais e sindicatos centralistas, o AENC—2015, non só recolle a contención salarial como norma, tamén un compromiso para implantar unha maior flexibilidade interna (en mobilidade funcional e xeográfica, horarios, etc.).
AEB reclama que no Convenio se pacten as medidas acordadas no AENC—2015. A CIG non ten esas ataduras.