Presentados Conflitos Colectivos contra AEB e CECA
Como xa informamos, requirimos as patronais para que recoñezan o dereito do persoal a un día de libranza como compensación por cada festivo que cae en sábado.
Celebráronse senllos actos de conciliación no SIMA en Madrid, sen chegar a un acordo, polo que a CIG presentou os respectivos conflitos colectivos na Audiencia Nacional.
A compensación dos festivos, cando cadran en sábado, é algo que ningún dos convenios colectivos do sector financeiro contempla.
Nese senso, a CIG, como non asinantes deses convenios, ten toda a lexitimidade para reclamar a compensación ou a alzar a voz contra o modelo laboral e comercial da banca española. Un modelo laboral e comercial que foi implantado a través dos convenios e de acordos de empresa asinados sempre polos mesmos.
Os bancos implantaron o modelo de traballo por obxectivos grazas á complicidade de quen hoxe, ante a proximidade das eleccións sindicais, disfrázanse de sindicalistas e din que reclaman dereitos aos que renunciaron ou que nunca reclamaron.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario