
Delegadas e delegados da CIG do sector financeiro estivemos mobilizándonos de novo na Coruña, o pasado luns 30, contra o acoso comercial constante e a sobrecarga de traballo ao que nos vemos sometidas as traballadoras e traballadores do sector, alén da perda salarial que estamos a padecer.
Ao tempo, esiximos a readmisión das nosas compañeiras Montse de Abanca e Ana do Banco Santander, despedidas inxusta e inxustificadamente. Alá onde haxa unha persoa despedida, a CIG estará na rúa dando resposta.
Seguiremos a denunciar as consecuencias para o persoal duns sistemas de produción por obxectivos salvaxes e inhumanos, que atentan contra a nosa dignidade, a nosa saúde mental e física, e as nosas vidas. E tamén a perda salarial continuada, xa que a pesar de que estamos en épocas de máximos beneficios históricos, non recuperamos a enorme perda anterior e, por riba, agora aínda sufrimos máis perda. E non o imos normalizar.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario