No ano 2020 perdemos salario, en 2021 perdemos salario, en 2022, perdemos salario e, conforme aos Organismos Públicos, en 2023 e 2024 perderemos salario. Que a AEB se abra a negociar, non implica que se evite a sangría salarial, que se recupere o perdido e se impida perder máis durante a vixencia do Convenio.
Como todos e todas sabedes a CIG reclamou, tanto dos distintos bancos, como da propia AEB unha actualización dos salarios. Ante a súa negativa comezamos mobilizacións a principio de ano, e seguimos. Nos últimos meses comezamos a tratar de ampliar a fronte contra os recortes, tendo contactos con outros sindicatos que non aceptaron os recortes no Convenio, co obxectivo de lanzar unha convocatoria de folga.

Agora a AEB, ante a situación, convocou a Mesa Negociadora do Convenio para o 29 de novembro. Sen dúbida, aos bancos tamén lles preocupa que os sindicatos que aceptan caladamente os despedimentos, os recortes de salarios e as ampliacións de horarios (traballar máis por menos) poidan levar un duro correctivo.
A nosa posición é clara, hai que actualizar os salarios, en 2021 (sen guerra na Ucraína) o IPC subiu un 6,5 %, este ano vai no 7,3 %, e Organismos Públicos falan dunha suba dos prezos que pode ir até o ano 2025.
Nunca buscamos unha dádiva vergoñenta, que pode valerlle aos «recortadores profesionais» de cara ao proceso de eleccións sindicais. O que demandan os cadros de persoal son medidas para recuperar o perdido e evitar novas perdas: é dicir unha cláusula de revisión salarial ligada ao IPC.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario