27 de setembro de 2018

Atención: o banco quere aproveitar a negociación Contigo para acabar co horario continuado

Na reunión que se mantivo o día 20 de setembro de inicio da do Colectivo , sorprendeunos a falta de concreción da proposta do Banco, que non entregou ningún documento por escrito sobre cales son as súas intencións.
O que si que está claro é que a aceptación do Banco a negociar o tema dos Contigo responde ao feito que está en falso no que se refire aos límites acordados da porcentaxe do cadro de persoal que pode facer horario partido (actualmente estipulado nun 5 %) e que claramente sobrepasa.

Que intencións ocultas ten o Banco?

O Banco aceptaría algunhas melloras sobre as condicións do Colectivo, pequenos logros sen grandes pretensións, pero a cambio pretende eliminar os límites actuais acordados de persoal con horario partido e deixalo aberto á voluntariedade (?). Sen unha limitación pactada, poñemos en risco a xornada continuada do resto do persoal amparado actualmente polo propio .

Isto comportaría intercambiar melloras para un colectivo a cambio de poñer en risco as condicións actuais de outro colectivo moito maior, e este non é o obxectivo da negociación.

A que responde a proposta unitaria dos sindicatos CC.OOUGTACB?

A proposta destes sindicatos, resulta especialmente sorprendente tendo en conta as condicións que algúns deles asinaron no sector para outros colectivos de condicións semellantes (Banco Santander, ) e que están por riba da súa proposta na negociación no BBVA. Acordos que tamén contemplan a voluntariedade, pero poñendo límites na porcentaxe de persoal ou oficinas afectadas.
Resulta curioso que as propostas destas organizacións sexan tan contidas e tan aliñadas ás pretensións do Banco. Incluso xa se publicaron nos medios de comunicación coma se xa fose un Acordo pechado.

É necesaria a socialización da negociación

Dende as nosas organizacións dirixímonos ao banco para pedir que, antes da seguinte reunión, se nos facilite a proposta de Acordo que o Banco pretende presentar. É importante para poder informar aos compañeiros e compañeiras que representamos e debater en profundidade o seu contido.
O Banco non entregou aínda ningunha proposta por escrito. Simplemente manifestou as súas intencións en voz alta. Estamos á espera e deberiamos coñecela antes da seguinte reunión prevista para o día 8 de outubro.
É evidente que se o horario partido queda ao libre albedrío da dirección, non apoiaremos este Acordo e actuaremos coas ferramentas legais das que dispoñemos.



CIC · CIG · ELA · Intersindical-CSC SCAT · LAB · SEC





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 180927 [.pdf • 129 kB]


Ningún comentario: