O Xulgado do Social nº 5 de Vigo declarou o dereito dunha traballadora do BBVA a acollerse á adaptación de xornada por coidados. Esta é a segunda sentenza favorable a unha traballadora de banca afiliada á CIG.
As persoas traballadoras temos dereito a solicitar a adaptación da duración e distribución da xornada, na ordenación do tempo de traballo e na forma de prestación, incluída a prestación de traballo a distancia, para facer efectivo o dereito á conciliación da vida familiar e laboral. Un dereito que os bancos están denegando por sistema obrigando en moitos casos a reducir xornada e salarios. Isto implica unha redución dos ingresos, pero tamén afecta á carreira profesional, maioritariamente das mulleres.
Pero fronte ao machismo institucional dos bancos, as traballadoras de banca estamos avanzando grazas á sentenzas favorables conseguidas polas asesorías xurídicas da CIG que están abrindo camiño.
Esta nova sentenza que ampara os dereitos da nosa compañeira Ana, traballadora do BBVA en Vigo, únese a unha anterior favorable contra Abanca. Trátase dunha sentenza moi significativa, permitindo mudar anos de redución de xornada e salario pola concreción horaria na hora de entrada/saída.
Se tes problemas de conciliación e non queres reducir a túa xornada e polo tanto o teu salario, non dubides en asesorarte con calquera delegada da CIG no banco
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario