Amosando publicacións coa etiqueta sentenza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sentenza. Amosar todas as publicacións

4 de xullo de 2023

Unha nova sentenza avanza no dereito á adaptación de xornada na banca

O Xulgado do Social  5 de Vigo declarou o dereito dunha traballadora do BBVA a acollerse á adaptación de xornada por coidados. Esta é a segunda sentenza favorable a unha traballadora de banca afiliada á CIG.

As persoas traballadoras temos dereito a solicitar a adaptación da duración e distribución da xornada, na ordenación do tempo de traballo e na forma de prestación, incluída a prestación de traballo a distancia, para facer efectivo o dereito á conciliación da vida familiar e laboral. Un dereito que os bancos están denegando por sistema obrigando en moitos casos a reducir xornada e salarios. Isto implica unha redución dos ingresos, pero tamén afecta á carreira profesional, maioritariamente das mulleres.

12 de marzo de 2019

Vitoria da CIG: O rexistro de xornada é obrigatorio!!!

xornal Avantar

Coa aprobación do RD que establece a obriga de rexistrar a xornada laboral, entra en vigor a iniciativa remitida pola CIG ao Congreso dos e das Deputadas en xuño de 2017.

Culmina así o traballo que iniciamos o 28 de outubro de 2015 coa presentación dun conflito colectivo contra ao que seguirían conflitos contra o BBVA ou o .
Ante as controvertidas sentenzas do Supremo de marzo e abril de 2017, dando a razón aos bancos, non paramos.

31 de xaneiro de 2019

A Xustiza Europea avanza na obriga do rexistro da xornada

O Avogado Xeral do (TXUE), propón que o Tribunal declare que a carta e a Directiva 2003/88, impoñen ás empresas a obriga de implantar un rexistro de xornada. A CIG, como parte interesada no Conflito Colectivo contra o Deustche Bank, agarda que esteamos na antesala dunha sentenza da xustiza europea que deixe novamente en evidencia sentenzas do Tribunal Supremo favorables á banca.

 
Manifestación da CIG pola Coruña o 8/05/2017

    Mobilización da CIG contra o fraude das horas extras.
    Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
 

24 de febreiro de 2017

Pedir permiso para rexistrar a xornada?

As sentenzas obrigan á banca a rexistrar a xornada efectiva e as horas extras. Cada día queda máis claro que pretenden negociar un sistema para eludir a Lei.

A patronal fixo unha proposta que evidencia o seu descaro, acompañada dunha falta de respecto aos cadros de persoal.

Din que porían en marcha un rexistro informático que rexistraría a entrada e a saída, tamén o traballo realizado fóra das oficinas (incluído o que se fai con móbiles ou tabletas).

Pero a totalización das horas traballadas debería ser introducida polo empregado ou empregada, e cando supere a xornada diaria (horas extras), só poderá ser introducida previa autorización dun superior.

11 de xaneiro de 2017

Non queremos ser o parapeto das sentenzas que condenan as políticas comerciais que tanto sufrimos



Sentenzas que condean as políticas comerciais

Os traballadores e as traballadoras dos bancos damos a cara ante a clientela. Por iso, a decisión que tomen as Direccións a respecto das recentes sentenzas xudiciais, nomeadamente a das cláusulas chan, nos afectará. Unhas sentenzas que condenan, unha vez tras outra, as políticas comerciais dos entidades.

Día a día coñecemos novas sentenzas desfavorables para os bancos. Con carácter xeral, as sentenzas non declaran ilegais os produtos en si; na maior parte dos casos, a ilegalidade parte do proceso de comercialización.