Coa aprobación do RD que establece a obriga de rexistrar a xornada laboral, entra en vigor a iniciativa remitida pola CIG ao Congreso dos e das Deputadas en xuño de 2017.
Culmina así o traballo que iniciamos o 28 de outubro de 2015 coa presentación dun conflito colectivo contra Abanca ao que seguirían conflitos contra o BBVA ou o Pastor–Popular.
Ante as controvertidas sentenzas do Supremo de marzo e abril de 2017, dando a razón aos bancos, non paramos.
Foi entón cando remitimos, o 13 de xuño de 2017, a iniciativa que foi aprobada no Pleno do Congreso en outubro daquel mesmo ano. Dende entón, seguimos presionando para que entrase en vigor.
Dende a CIG, criticamos que a nosa proposta, aprobada dende hai 17 meses, entre en vigor agora nun acto electoralista, e con modificacións colleita do propio goberno.
Hoxe, 12 de marzo, data de publicación do RD 8/2019, a CIG solicitoulle ás principais entidades financeiras como ABANCA–CAIXA XERAL, BBVA, SANTANDER, SABADELL–GALLEGO, etc…, a apertura do proceso negociador correspondente para a súa implantación.
A CIG conquistou o dereito ao rexistro. Agora tócavos a todos e todas vós exercelo.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario