A pelota no aleiro do novo Goberno
No seu día presentamos un Conflito Colectivo contra o BBVA para que rexistrase as horas extras. Finalmente as sentenzas do Supremo dos casos de Abanca e Bankia, que revisaron o criterio da Audiencia Nacional, eximiron as empresas de levar un rexistro da xornada real e efectiva.
Non nos rendemos e o 13/6/2017 remitimos unha iniciativa lexislativa aos Grupos do Congreso dos Deputados. Aos 3 días unha deputada do PSOE presentou unha iniciativa e días despois faríao Bildu. En outubro a iniciativa foi aprobada polo Congreso (coa oposición do PP e a abstención de Ciudadanos). Agardamos que o novo Goberno a poña en marcha de xeito inmediato.
Os nosos obxectivos son varios:
- Loitar contra a fraude, para que os bancos, incluído o BBVA nos paguen as horas extraordinarias.
- Evitar que se sobre pasen as 80 horas extras máximas anuais que permite a Lei, para loitar contra a destrución de postos de traballo.
- Para que o BBVA cotice á Seguridade Social esas horas extras. Abonda de fraude por parte das empresas, mentres os xubilados/as loitan na rúa contra os recortes.
- Ter unha xornada de traballo regulada é o antídoto fronte á organización de traballo por obxectivos que padecemos, aínda que a normativa europea MiFID prohibe os obxectivos.
Estamos pois nunha nova fase, veremos se o PSOE apoiou a nosa iniciativa cando estaba na oposición por oportunismo, ou se realmente están por rematar coa fraude en materia de xornada, que é masiva. No Estado español o 50 % das horas extras non se pagan nin cotizan.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario