Lembremos, unha vez máis, a cronoloxía dos feitos relativos ao rexistro de xornada, xa que todo o mundo aplaude e sóbese ao carro, pero sen contar de quen foi o traballo.
13 de xuño de 2017:  A CIG remitiu unha Proposición de Lei a todos os Grupos do Congreso dos Deputados e do Parlamento de Galiza, con prego de presentación, para que o rexistro de xornada fose obrigatorio.
15 de xuño de 2017:  Remitimos un comunicado para todo o persoal dos bancos, facendo pública a nosa iniciativa.
16 de xuño de 2017:  Unha Deputada do PSOE presentou unha Proposición de Lei para que o rexistro de xornada fose obrigatorio para as empresas. Posteriormente Bildu presentou unha Iniciativa non de Lei no mesmo senso.
Sendo de agradecer que a presentase, nunca mencionou que se tratou dunha iniciativa da CIG. En outubro de 2017 o Pleno do Congreso aprobaba a proposición, pero non entrou en vigor. Foi incluída polo Goberno nos novos orzamentos que poden non aprobarse.
Demandamos menos demagoxia e que se aplique dunha vez esta medida antifraude na xornada.
 
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]
 



 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario