15 de xuño de 2017

Rexistro xornada, seguimos na loita

A CIG remite unha proposición de Lei a todos os Grupos Políticos para que sexa obrigatorio para as empresas

Remitimos a todos os grupos con representación no Parlamento de Galiza e no Congreso dos deputados, unha Proposición de Lei sobre o establecemento dun rexistro diario da xornada de traballo que permita acreditar a realización de horas extraordinarias en caso de discrepancias e garantir a axeitada cotización en materia de Seguridade Social.

A flexibilidade horaria que permite a actual lexislación laboral deu lugar a que dende a CIG Banca presentásemos numerosos litixios nos que se cuestionou se as empresas están ou non obrigadas a levar un rexistro diario da xornada de traballo. Para a CIG esta é unha cuestión transcendente non só por afectar os medios de proba de que dispoñen os traballadores para acreditar a realización de horas extraordinarias en caso de discrepancias sobre a súa realización e abono, senón porque incide nas obrigas de cotización en materia de Seguridade Social, con importantes consecuencias tanto para os dereitos dos traballadores como para as arcas do sistema.

O Tribunal Supremo sentou xurisprudencia en contrario, pero indicando a propia Sala que sería conveniente unha reforma lexislativa que clarificase a obriga de levar un rexistro horario e facilitase ao traballador a proba da realización de horas extraordinarias. Foi por iso que dende o sindicalismo nacionalista galego decidimos tomar a iniciativa.

Cabe lembrar que a da OIT establece a implantación do rexistro da xornada, non sendo un Convenio non xera obriga unha obriga para o Estado Español, pero loxicamente as recomendacións son froito dun pacto entre as partes presentes na OIT e pensamos que en pleno século XXI no Estado deberían adoptarse as mellores prácticas.

Con esta modificación legal pretendemos evitar as prolongacións irregulares de xornada, que prexudican non só os intereses económicos e xurídicos dos traballadores e traballadoras e o seu dereito á conciliación da vida persoal e laboral, senón tamén á caixa da Seguridade Social e a creación de emprego.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170615 [.pdf • 131 kB]


Ningún comentario: