Aposta polo modelo de formación continua e un marco único
O pasado 9 de maio, a CIG presentou alegacións á proposta de «Guía para a avaliación dos coñecementos e competencias do persoal que informa e asesora», a través da cal, a CNMV, quere dar cumprimento aos requisitos previstos na MiFID II e ao Regulamento da ESMA (Autoridade Europea dos Mercados).
Normativa MIFID da Comisión Europea
A MiFID II está pendente de transposición á lexislación española pero, sen dúbida, cambiará o modelo de banca actual; de aí os pasos que vén dando a CIG—Banca a distintos niveis. Neste senso, o último foi a presentación de alegacións fronte a Guía Técnica de coñecementos publicada pola CNMV.
Para o sindicato nacionalista a Guía da CNMV acredita na auto-regulación por parte dos bancos e, basicamente, valida o modelo de «certificacións» existente. Pola contra, a CIG acredita no modelo de formación continua e por iso fixo unhas alegacións das que cabe destacar:
- Demandamos que os postos de asesoramento ou información non podan ter obxectivos de ventas (en cumprimento da MiFID).
- O procedemento debe ser pechado e igual para todas as entidades, homologando tamén as titulacións europeas. De xeito contrario dificultaríase a mobilidade do persoal entre empresas e a libre circulación de persoas no seo da UE, o que podería vulnerar a lexislación comunitaria.
- Nós optamos polo modelo de formación continua, avalado pola lexislación europea, estatal e autonómica, que está contrastado a nivel pedagóxico e que conta cuns controis e requirimentos (de calidade, de medios, etc.) dos que carece o modelo das certificacións ou a formación dos bancos.
- Demandamos a validación automática e sen maiores trabas das titulacións universitarias, nomeadamente as de carácter económico.
- Máis que marcar moitas horas de formación inicial (80 quen informa e 150 quen asesora) e pouca o resto dos anos (20), nós pensamos que deben analizarse os coñecementos reforzando coa formación estritamente necesaria. Para os anos seguintes debería recibirse formación específica para cada produto.
- A Guía establece como potestade das direccións materias laborais que por leis de rango superior deberían ser obxecto de negociación (definición de postos, dereito a formación, etc). Neste senso, pedimos que se revise a Guía para que cumpra a lexislación.
- Deberían prohibirse os convenios entre bancos e certificadoras que obrigan ao persoal a asociarse e pagar.
- Solicitamos tamén que se clarifique a situación das persoas que traballan para os bancos a través de subcontratas (por exemplo, compañeiros e compañeiras dos centros de chamadas na banca telefónica).
O documento completo das alegacións, enviado á CNMV, pode verse no sitio de Calaméo e dispoñible para a súa descarga, deseguido…
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario