23 de maio de 2017

O BBVA pretende impoñer aos sindicatos o que poden dicir e o que non

Recentemente, a dirección de Relacións Laborais do BBVA negouse a remitir a través da intranet do Banco un comunicado de un dos sindicatos asinantes, no que se chamaba ás manifestacións do 1º de Maio, co argumento de que non tiña contido estritamente laboral.

Lembremos que no BBVA está vixente un acordo para o exercicio da función sindical, asinado no ano 2014 polos sindicatos estatais. Nese acordo estipúlase que o Banco habilitará na súa Intranet un sistema para o envío de comunicacións a todas as e os traballadores. Ademais de establecer uns límites cuantitativos, di literalmente que «A información a transmitir deberá ter contido estritamente laboral e relacionado directamente co exercicio das funcións de representación legal dos traballadores…».

O problema xorde cando o Banco atribúese a función de ditar que contido é laboral, e impón os seus criterios para censurar os comunicados. Así, un sindicato non pode dicirlle ás e aos traballadores do BBVA, nun 1º  de Maio que reclama soberanía para o seu territorio, tamén para defender mellor os dereitos laborais. Pola mesma lóxica, podemos encontrarnos con que non podamos convocar aos e ás traballadoras do BBVA a mobilizarnos contra unha hipotética reforma fiscal regresiva, ou contra o desmantelamento da sanidade pública, por exemplo.

Entendemos que isto é un ataque ao dereito de expresión e opinión, que o Banco non é quen para impoñer os seus criterios sobre que podemos dicir as seccións sindicais na intranet, e que son os mesmos traballadores e traballadoras, xa maiores de idade, quen xulgarán o que lles interesa ler e o que non.

Con este acto de censura, o BBVA sitúase na liña da patronal vasca Confebask, que reclamou publicamente a ilegalización de determinados sindicatos por «facer política». Eles, que CONTINUAMENTE ESTÁN INTERVINDO EN POLÍTICA DIRECTA E INDIRECTAMENTE, USANDO TODOS OS SEUS MEDIOS E INFLUENCIAS PARA «INFLUÍR» NAS DECISIÓNS DE TODO TIPO QUE TOMAN OS PODERES PÚBLICOS, PRETENDEN PECHAR A BOCA AOS SINDICATOS POR FACER O MESMO PERO CON MOITOS MENOS MEDIOS QUE ELES.

É ABSURDO PRETENDER QUE O MUNDO LABORAL E A POLÍTICA SON MUNDOS APARTE. É ANTIDEMOCRÁTICO E PROPIO DE RÉXIMES AUTORITARIOS IMPOÑER AS OPINIÓNS E TEMAS QUE SE PODEN TRANSMITIR.

POR ISO, DENUNCIAMOS Á DIRECCIÓN DO BBVA POLA CENSURA QUE IMPÓN ÁS COMUNICACIÓNS SINDICAIS. SEGUIREMOS, DUNHA MANEIRA OU DOUTRA, EXPRESANDO A NOSA OPINIÓN E INFORMANDO ÁS E AOS TRABALLADORES DE AQUELES FEITOS E CONVOCATORIAS QUE CONSIDERAMOS SON DE INTERESE PÚBLICO.


POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN




CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170526 [.pdf • 136 kB]


Ningún comentario: