15 de marzo de 2019

Intervención da CIG 
Xunta xeral de accionistas 2019

Velaquí tedes o contido da nosa intervención na pasada xeral de accionistas do BBVA · 2019


Quenda de intervencións Xunta Xeral de Accionistas BBVA 2019

Bos días señoras e señores, buenos días, egun on, bon día.

Son Carmen García, e interveño ante esta Xunta en nome e representación do Sindicato CIG, que ostenta a condición de máis representativo en . Pero tamén falo aquí en nome de moitas compañeiras e compañeiros, de accionistas, que quixeron que sexamos a súa voz ante vostedes.

Queremos saudarlle, SrTorres, por primeira vez como Presidente nesta Xunta. Tamén ao SrOnur Genç ao que, esperando lle resulte útil o noso punto de vista, enviamos esta intervención en inglés.

O ano anterior, despedimos ao SrGonzález entendendo que 2018 sería a última Xunta que presidise. Así foi, pero lamentablemente, debemos telo presente nesta intervención.

E digo lamentablemente porque, día tras día, coñecemos novas noticias sobre contratos millonarios que, presuntamente, derivaron en seguimentos ilegais a persoas, elaboración de dossieres, financiamento de partidos, o incendio do hotel Windsor… Novas que cuestionan moi gravemente a correcta dirección desta entidade e socavan enormemente a reputación deste banco.

É tan grande e tan negra a sombra que proxecta, que non só ensombrece uns resultados espectaculares da entidade (obtidos a conta do enorme sacrificio do persoal) senón que, con moita probabilidade, pode deixar lastrada, SrTorres, a súa Presidencia de aquí en diante se non toma medidas reais e o cambio de rumbo non é firme.

Porque este negocio baséase na confianza e na prudencia, e non parece aventurado pensar que a primeira perdeuse, e da segunda non houbo suficiente. Non todo vale, nin o fin xustifica os medios. E isto aplícase hoxe e aplicarase sempre á dirección e ao bo goberno dunha entidade financeira.

Moitas persoas preguntámonos canto nos vai a custar ao persoal a xestión desta crise, SrTorres porque, non nos enganemos, do enorme e non suficientemente recoñecido traballo do persoal pagáronse eses contratos e dese mesmo traballo pagarase a xestión e solución do problema xerado.

Pero tampouco lles preocupará demasiado porque, como vén sendo costume nesta entidade (e levo máis de 20 anos traballando para primeiro e despois BBVA) teñen a toda a rede xestionando a recollida do voto de forma masiva, nunha nova campaña que favoreza a aprobación de todos os puntos da súa orde do día.
Outro mal costume absolutamente reprochable.

Sempre o mesmo, porque ademais de que unha elite consiga un aumento salarial irresponsable e inmoral, todo o demais segue no debe.

Neste mesmo foro, levamos anos reclamando que deixemos de construír un mundo impostado, que na práctica é tan só un escenario, unha fantasía que tarde ou cedo desaparece.

Xunta tras Xunta, reclamamos un mellor trato ao persoal (só un trato xusto), un avance real en termos de igualdade, a actualización da achega ao Plan de Pensións, a eliminación de listas negras e presións curtopracistas na consecución de obxectivos. Unha dotación suficiente de persoal alí onde é necesario. En definitiva, un mellor clima laboral.

Sempre o mesmo, pero Non escoitan.

Insistimos no Clima Laboral, porque a «postverdade» lévanos a unha organización que, tras impoñer un sistema propio de avaliación de riscos psicosociais (vese que os oficiais non se axustaban á nosa realidade), conseguiu o imposible: no BBVA non existen riscos deste tipo. E isto contrasta coa opinión da Autoridade Laboral, que lonxe de validar este método, opina que non serve para o que pretende.
Insistimos porque seguen sen querer sen actualizar un Plan de Igualdade obsoleto de hai 9 anos, porque a incorporación da muller a posicións de responsabilidade non só non aumenta, senón que en determinados ámbitos diminúe. Cantas mulleres quedan e quedarán de CBC para arriba, nos postos de máis responsabilidade? A brecha é clara para quen queira vela e a vontade de cambio conxúgase en xerundio.

Reclamamos novamente a actualización da achega ao Plan de Emprego. O persoal non só foi capaz de afrontar tempos durísimos, senón que os resultados avalan a súa achega. Xa non caben máis escusas.

Eliminen dunha vez a política de listas negras de empregados/ as, o «Pool de baixo desempeño» como ferramenta de sometemento psicolóxico. O «ránking» como elemento de presión. As políticas de movementos non desexados recorrentes do persoal, sempre con efecto da metade do mes en diante, que curioso, para reducir o tempo de adaptación (que algúns entenderán como de acomodo). A obxectivación en vendas dixitais, para que vostedes manifesten unha cifra de dixitalización que en realidade non existe. Porque detrás desas vendas dixitais, segue estando o persoal que «acompaña moi de preto» ao/á cliente/a, que é o verbo que gusta agora. Seguimos instalados nunha obsesión curtopracista en contra dos seus propios manuais de «incentivación», todo para que algúns, e sigo falando en masculino, non saian descolocados nunha foto da que teñen medo a quedar fóra ante os cambios que xa están aquí.

Como sindicato, levamos anos denunciando o conflito de intereses que supón a obxectivación na venda de fondos e carteiras.

De igual modo, denunciamos anteriormente e seguímolo facendo agora aquí, o establecemento de Sistemas de Avaliación totalmente subxectivos para o persoal, con porta traseira incluída, para que os resultados (os seus resultados) reflictan un resultado predeterminado.

SrTorres, é o momento cambiar a forma de facer as cousas e pedímoslle un compromiso profundo coas persoas que conforman esta entidade. Persoas que si viven os valores e a ética profunda que se esixe no noso traballo.

Ou deixamos atrás o escuro pasado ou este xigante seguirá tendo os pés de barro.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190315 [.pdf • 150 kB]


1 comentario:

Anónimo dixo...

Modicar ligazón Lei Igualdade no Traballo (Xunta) https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20101027/Anuncio36BC2_gl.pdf