Participa coa CIG na elaboración da platafroma para a negociación do convenio
Quen traballa todos os días es TI, o que está en xogo é como traballas e como se retribúe o teu esforzo, para iso está a negociación colectiva. Por iso dende a CIG cremos que as propostas sindicais, o que defendamos na Mesa Negociadora, temos que decidilas conxuntamente.
Para isto poñemos en marcha un proceso de participación, aberto a todo o persoal a nivel galego e anónimo (non precisamos os teus datos). Queremos coñecer cales son os problemas que te preocupan e que aspecto é máis importante para TI.
Non podemos esquecer que o sector está en plena reconversión que afecta ao emprego e as condicións laborais, pero tamén a como traballamos. Esa reconversión sectorial, á que hai que engadir a irrupción da intelixencia artificial, fai que sexa necesaria unha revisión profunda do Convenio na que falemos das PERSOAS.
Queremos que ti, que sofres a cotío as presións comerciais, a imposición de obxectivos desmedidos e inalcanzables, as faltas de respecto e as xornadas interminables, nos deas a túa colaboración para a elaboración da nossa plataforma.
Cubre a enquisa que te achegamos e entrégalle a calquera delegado/a da CIG ou envíaa por correo electrónico. E se hai algún aspecto ou cuestión non contemplado na mesma que consideres de interese, indícao cando a cubras.
Ligazón relacionada:Formulario enquisa (en liña):
http://ir.gl/enquisa
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario