18 de maio de 2017

As sentenzas do Supremo rebentan a negociación para implantar o rexistro de xornada

O Tribunal Supremo ditou sentenza no caso que, despois da de , senta xurisprudencia contraria aos traballadores e traballadoras, xa que nega que as empresas teñan a obriga de rexistrar a xornada efectiva diaria. Despois desas sentenzas chegamos á reunión do 18 de maio, e tanto CECA coma AEB, decidiron dar por pechadas as negociacións, amosando que actuaron de mala fe ao longo de todo o proceso.

 
Manifestación da CIG pola Coruña o 8/05/2017

Manifestación da CIG pola Coruña (8/5/2017). Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
 

Foron as patronais as que nos chamaron para abrir unha negociación, aguilloadas polas sentenzas favorables da Audiencia Nacional, os numerosos conflitos presentados e polas denuncias que fixemos nas Inspeccións de Traballo.

Agora, despois dos fallos do Supremo, pensan que todo volveu á «normalidade» (que o persoal indefenso faga horas e non as cobre) e xa non precisan negociar. Nada máis lonxe, o conflito continúa. Coñecendo a patronal, xa iniciamos un proceso de mobilizacións e ultimamos novos conflitos, denuncias e outras actuacións.

A CIG segue demandando a creación dun sistema de rexistro de xornada para comprobar que se cumpren os horarios pactados a nivel colectivo e para que se coticen as horas extras á Seguridade Social.

Por último, agardamos que CC.OO e UGT compartan realmente o noso criterio e que non volvan a asinar un só acordo sobre xornada e horario, sen que se inclúa o rexistro para garantir o seu cumprimento. Se as empresas queren defraudar, os sindicatos non podemos darlles o visto bo.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170518 [.pdf • 303 kB]


Ningún comentario: