O 9 de maio a AEB, alegando a sentenza de Bankia, fixo unha proposta que non contempla rexistrar a xornada; queremos lembrar que o BBVA ten esa obriga, despois do conflito colectivo presentado exclusivamente pola CIG.
Concentración da CIG diante do BBVA na Coruña (8/5/17) Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
A AEB agárrase á sentencia de Bankia, ditada pola Sala do Social do Tribunal Supremo (recentemente renovada polo PP), para negarse a implantar o rexistro da xornada efectiva.
No seu día, xa presentamos conflitos colectivos contra varias entidades, entre elas o BBVA, adquirindo o banco o compromiso de implantar o rexistro. Entendemos que a sentenza do Supremo non nos afecta.
Con todo, agardabamos a súa resposta, polo que o 8 de maio iniciamos un proceso de mobilizacións e sobre todo de denuncia pública da maior fraude á Seguridade Social (a das horas extras non pagadas e non cotizadas).
Manifestámonos na Coruña e houbo concentracións en 8 bancos: Abanca, Santander, Pastor, BBVA, Sabadell, Caixabank, Caixa Geral e Bankia.
As horas extras ilegais destrúen emprego e son unha fraude á Seguridade Social, ímolos parar.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario