31 de xaneiro de 2019

A Xustiza Europea avanza na obriga do rexistro da xornada

O Avogado Xeral do (TXUE), propón que o Tribunal declare que a carta e a Directiva 2003/88, impoñen ás empresas a obriga de implantar un rexistro de xornada. A CIG, como parte interesada no Conflito Colectivo contra o Deustche Bank, agarda que esteamos na antesala dunha sentenza da xustiza europea que deixe novamente en evidencia sentenzas do Tribunal Supremo favorables á banca.

 
Manifestación da CIG pola Coruña o 8/05/2017

    Mobilización da CIG contra o fraude das horas extras.
    Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
 

A CIG presentara contra Entidades Financeiras, por exemplo contra o BBVA, pola falta de rexistro de xornada, dentro dunha campaña contra as horas extraordinarias non pagadas nin compensadas e defraudadas á Seguridade Social.

Inicialmente a Audiencia Nacional ditou sentenzas obrigando a establecer este rexistro no caso (conflito interposto pola CIG) e no caso (interposto por toda a representación sindical nese banco), pero o Tribunal Supremo español fallou a favor da banca, denegando a existencia dunha obriga de rexistrar a xornada real.

Nun novo caso contra o , no que a CIG é parte interesada xunto a CC.OO, ELA, UGT e CGT, a tivo dúbidas sobre as do Supremo, derivando o caso ao TXUE.

As conclusións do Avogado Xeral, habitualmente son a antesala ás sentenzas do TXUE no mesmo senso, pero a día de hoxe non hai sentenza. Estas conclusións anímannos a seguir reivindicando que o Goberno do Estado poña en marcha dunha vez a modificación legal, proposta pola CIG e que xa foi aprobada polo Congreso dos e das Deputadas. Se non o fai agora, pode verse obrigado polo TXUE.

Máis cedo que tarde o rexistro de xornada será unha obriga legal para as empresas, o que sen dúbida será unha vitoria sindical fronte aos abusos da banca.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190131 [.pdf • 261 kB]


Ningún comentario: