29 de xaneiro de 2019

Galiza padece a maior concentración bancaria da UE, pero a Xunta négase a actuar

Debate no Parlamento Galego do 24 de xaneiro

O pasado 24 de xaneiro, a situación do sector financeiro e como nos afecta laboralmente, foi debatida de novo no Parlamento Galego e, unha vez máis, a Xunta de Galicia situouse do lado da patronal bancaria. Non fará un novo estudo sobre a concentración bancaria e non tomarán medidas.
Imaxe dunha das numerosas protestas da CIG contra a destrución de emprego
   Imaxe dunha das numerosas protestas da CIG contra a destrución de emprego.

Cando falamos de fusións bancarias, moitas persoas pensan en prexubilacións, pero o proceso vai máis alá.


Ten un impacto laboral: o persoal que queda asume unha maior carga de traballo, empeóranse as condicións laborais e se reducen e deslocalizan postos de traballo.
Ao mesmo tempo substitúese persoal indefinido con dereitos por persoal con contratos temporais en precario, con salarios de miseria.

A concentración ten tamén un impacto social e económico: é un proceso de acumulación do poder económico con ramificacións no poder político, xudicial e nos medios de comunicación; redúcese o servizo bancario, tanto polo novo modelo de banca, como polo peche de oficinas; redúcese o número de competidores; afecta ao emprego; e os beneficios xerados aquí marchan do país.

ten unha concentración que supera os límites previstos na UE, segundo informes encargados pola propia . Pero non tomaron medidas e, dende aquela, tivo lugar a absorción do Grupo por parte do , e á adxudicación da a .

A CIG, que vén denunciando esta reconversión do sector, a instancias do BNG mantivo recentemente unha reunión coas deputadas e , que presentaron unha iniciativa no , sobre a necesidade dun novo estudo que foi debatida o pasado 24 de xaneiro.

A considerou que non é necesario un novo informe nin tomar medidas, malia que o que xa teñen, alertaba dun grao de concentración máis alá da que en economía se considera razoable.
Unha posición que se repite en cada debate, como cando se debateu sobre o impacto laboral da MiFID (a Xunta apoiou aos bancos cando denunciamos a fraude), ou cando se debateu sobre as políticas comerciais bancarias.

Para a CIG o persoal dos bancos debe coñecer a posición real da Xunta de Galicia ante o impacto dos procesos de fusión; cando se denuncia a presión comercial, ou o impacto laboral da MiFID, «a Xunta sempre se sitúa ao lado das Direccións dos bancos».




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 190129 [.pdf • 654 kB]


Ningún comentario: