Os traballadores e as traballadoras dos bancos damos a cara ante a clientela. Por iso, a decisión que tomen as Direccións a respecto das recentes sentenzas xudiciais, nomeadamente a das cláusulas chan, nos afectará. Unhas sentenzas que condenan, unha vez tras outra, as políticas comerciais dos entidades.
Día a día coñecemos novas sentenzas desfavorables para os bancos. Con carácter xeral, as sentenzas non declaran ilegais os produtos en si; na maior parte dos casos, a ilegalidade parte do proceso de comercialización.
Os xulgados declaran ilegais produtos e cláusulas por como se comercializan; na práctica, as sentenzas condenan as políticas comerciais das entidades, pero as Direccións están incluso endurecendo esas políticas nefastas.
O persoal das entidades é o primeiro que sufre as políticas comerciais (presións e abusos para que cumpramos obxectivos comerciais crecentes, etc). Dende a CIG non queremos que suframos tamén as consecuencias das sentenzas.
Hoxe o Goberno negocia coa patronal a aplicación das sentenzas, un feito inaudito, que evidencia o seu sometemento e servilismo coa patronal bancaria. Ante este proceso, queremos alzar a voz e situarnos no lado da clientela que nos dá de comer.
Queremos unha solución para toda a clientela que evite, ademais, unha posible conflitividade coma a que se viviu nalgunhas entidades durante o proceso das preferentes e obrigas subordinadas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario