Reabren a negociación no sector financeiro
Tanto a AEB, que agrupou historicamente á banca privada, coma CECA, que agrupa aos bancos nacidos das caixas, coincidiron en convocar para o vindeiro 12 de xaneiro senllas reunións (casualmente uns convocan de mañá e outros de tarde) para «negociar a implantación de rexistros de xornada e horas extras nas entidades».

Mobilización da CIG no sector contra a xornada flexible.
Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA
O Tribunal Supremo fallará en breve fronte aos recursos presentados por varias entidades contra as sentenzas da Audiencia Nacional. As sentenzas déronnos a razón, a xurisprudencia do Supremo xa nos era favorable e, ademais, a Fiscalía do Supremo tamén se posicionou contra os recursos.
Os bancos saben que van perder, que nunca tiveron razón, pero queren seguir coa fraude masiva en materia de xornada laboral, e buscan, coma tahures, acordos con CC.OO e UGT para tratar de manter unha situación inxusta.
Deberían ter incluído o sistema de rexistro nos convenios colectivos xa hai moitos anos, pero non o fixeron, tampouco o ano pasado. Hai escasos meses, as patronais AEB e CECA, asinaron con CC.OO e UGT senllos convenios colectivos, e tampouco incluíron esta materia.
Para a CIG o rexistro de xornada e horas extras é fundamental, por iso presentamos conflitos contra Abanca (conseguindo sentenza favorable da AN), Grupo Pastor-Popular ou BBVA, e adherímonos a un conflito contra o Santander.
Sabendo que a banca só quere manter a fraude, a CIG será moi firme na negociación. Ademais o control horario tamén é unha ferramenta fronte ao traballo por obxectivos, cada vez máis habitual debido ás funcións comerciais.
As empresas non lles importa o tempo que se tarde en conseguir os obxectivos, que cada vez medran máis e levan a estender a xornada, implantando ademais horarios flexibles.


➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario