Tralas distintas reunións mantidas coa empresa, en relación ás condicións dos préstamos hipotecarios, e ante a posición de unidade e forza que mantivemos a Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT), finalmente chegamos a un acordo que subscribimos por UNANIMIDADE.
Foi unha negociación dura na que a postura inicial do BBVA foi moi decepcionante, cun NON a TODO, e que provocou un grande atraso en dar solucións ao persoal.
Todos os sindicatos traballamos conxuntamente para dar un xiro nas negociacións, que inicialmente estiveron bloqueadas, e conseguir a mellora das condicións actuais, desde a responsabilidade e sendo moi conscientes da preocupante situación pola evolución dos tipo de xuro.
- Poderase novar calquera modalidade de préstamo para primeira e segunda vivenda (incluso os recentemente novados a EUR +0,25), sen custo para o persoal nin ir a notaría.
-
Até o 15/10/2023 mantéñense os seguintes tipos de novación:
- Prazo inferior ou igual a 15 anos: 2,20 %
- Prazo superior a 15 anos: 2,30 %
- Na maioría dos casos, admitirase, tamén sen custo, unha reversibilidade ás condicións anteriores.
- Posibilidade de amortización anticipada do capital reducindo prazo e mantendo cota, ou ben reducindo cota e mantendo prazo.
- Para as novas contratacións, a posibilidade de que o prazo máximo chegue á idade de 67 anos, en vez dos 65 anos máximos actuais. Acordamos que, simultaneamente á nosa comunicación, o Banco publicará todas as condicións detalladas.
Para calquera aclaración, toda a RLPT estamos á vosa disposición.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario