14 de xuño de 2023

Circular conxunta sobre a xuntanza do 13 de xuño

RLPT no BBVA

Trala xuntanza mantida o pasado 30 de maio co BBVA, en relación ás condicións dos préstamos hipotecarios, e ante a posición de unidade e forza que mantivemos a Representación Legal das Persoas Traballadoras (RLPT), o pasado día 13 de xuño, fomos convocados pola empresa que nos expuxo a seguinte proposta:

  • Posibilidade de contratar ou novar os préstamos existentes con destino vivenda a un préstamo a tipo fixo sen custo algún para o empregado/a. O novo tipo fixo será o mellor que se ofreza en cada momento aos clientes menos 0,10. O tipo que se ofrece e se toma como referencia, determínase no Comité de prezos mensual, cuxo contido está dispoñíbel no portal da oficina na intranet.
  • Ábrese esta posibilidade para as persoas traballadoras en activo, prexubiladas e en excedencia de calquera tipo agás a voluntaria.
  • Posibilidade de reducir cota nas amortizacións parciais que se fagan no préstamo social vivenda.
  • Ampliación do prazo de amortización dos 65 aos 67 anos para os novos préstamos social vivenda que se formalicen.

Por parte da RLPT puxemos de manifesto de xeito unánime, que esta proposta nos parece insuficiente e traballaremos para mellorala. Para iso achegarémoslle á empresa unha nova contraproposta conxunta en breve para tentar chegar a un acordo satisfactorio.

Manterémosvos informados/as da evolución.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230614 [.pdf • 80 kB]



Ningún comentario: