Cada ano, o BBVA marca varios fitos para o persoal, sendo un deles a ENQUISA GALLUP que, en breve, teremos que realizar voluntariamente todas e todos nós.
A través dos resultados destas enquisas, BBVA converteuse desde O mellor lugar para traballar, a Un lugar de traballo excelente para, logo dun ERE moi traumático para o persoal, buscar o compromiso perdido non seus equipos.
As preguntas que nos farán nesta ocasión serán sobre a empresa na que traballamos. Pero, ben máis cedo que tarde, comezarán a soar nas nosas cabezas voces insistentes que nos dirán que a quen estamos a valorar é aos nosos/as responsables, e non é certo!
Cando nos pregunten se temos os recursos necesarios para facer o noso traballo, sería bo lembrarnos do sufrimento provocado por unha evidente infradotación de persoal cunhas obxectivacións fóra da realidade, as baixas que non deixan contratar a alguén, porque «non hai presuposto» ou «porque non se pode, que ten que ser de máis de 4 meses». Por non falar dos equipos informáticos, que parece que se rebelaron contra as persoas, sen solución clara no curto prazo. Só funciona a APP.
Cando nos pregunten se recibimos unha remuneración xusta, fagamos contas a ver a cando nos sae a hora traballada e comparemos a revalorización salarial coa suba descontralada da cesta da compra. Xa sen contar coas horas de balde non rexistradas por pura ética de traballo.
Dende a CIG, recomendamos que se cumprimente con total honestidade e sinceridade esta nova Enquisa Gallup.Sen medos nin condicionantes.
A satisfacción e a excelencia só poden vir da asunción da realidade. O demais, é normalizar e dar por válidas determinadas condutas e situacións, como as que figuran nesta sopa de letras, e que vos convidamos a atopar.
É posíbel que así o banco poida coñecer o malestar real do persoal e, dunha boa vez, facer realidade o compromiso que debería ter co seu mellor activo (Nós) e poñer os medios necesarios para cambiar esta insostíbel situación.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario