19 de setembro de 2023

Salarios en Banca: Un problema sen resolver

O Convenio, pero tamén decisións tomadas nos distintos Expedientes a nivel de Sector, levaron a unha transferencia dos nosos salarios cara á conta de resultados. Fronte a esa perda de poder adquisitivo, nin a cativa suba «extraordinaria» que pactaron en novembro de 2022 os sindicatos estatais, nin as «dádivas» posteriores solucionaron o problema. Todo o contrario.

Mobilización da CIG

Os nosos salarios diminúen conforme pasan os anos, en tanto as contas de resultados medran de xeito exponencial, malia que unha inexistente debilidade do negocio serviu para xustificar recortes salariais e exteriorización de traballos bancarios, así como ampliacións de horarios. Os «inversores» mandan, requiren rendibilidades de «dúas cifras» a costa dos nosos salarios e condicións laborais. Ese é o obxectivo sen importar o prezo que teñamos que pagar as traballadoras e traballadores.

Durante este ano convocamos asembleas co ánimo de dar un paso máis nas mobilizacións para reivindicar a suba dos salarios conforme ao IPC. As asembleas tiveron unha participación moi desigual, imposibilitando a convocatoria dunha folga.

Pero a situación continúa sen solucionarse, o sector ten beneficios de primeira e salarios de rexional preferente.

Fronte a esta situación e pensando na negociación do seguinte convenio, non queda outra que reivindicar unha actualización dos salarios e recuperar a revalorización sobre táboas da antigüidade (suprimida no anterior convenio). A suba salarial debe referenciarse ao IPC.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 230919 [.pdf • 355 kB]



Ningún comentario: