16 de outubro de 2023

Constitución da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo

A comisión negociadora do Convenio Colectivo de Banca, constituirase o vindeiro 31 de outubro. A CIG, como sindicato máis representativo a nivel galego, xa foi convocada pola patronal, AEB.

O convenio colectivo regula algúns dos nosos dereitos, nomeadamente en materia de salarios ou carreira profesional. Dicimos algúns, xa que por exemplo os horarios de convenio non se aplican, as entidades teñen os horarios que as Direccións quixeron, aceptados mansamente polo sindicalismo centralista. Un baleirado do convenio colectivo e unha guerra de horarios que prexudica aos traballadores e traballadoras.

Vaia por diante que a CIG non asinará ningún tipo de acordo que non permita recuperar poder adquisitivo e sen asegurar que a suba salarial teña como referencia o IPC.

Tampouco aceptaremos fórmulas opacas e enganosas, coma a pactada en xaneiro; a suba que se pacte debe ser transparente. As subas mediante fórmulas opacas agochan maiores subas para os postos masculinizados, son machismo.

En carreira profesional ou en salarios, hai unha tremenda desigualdade entre homes e mulleres, os convenios estatais son fonte de desigualdades. Nese senso, reclamamos novamente que o novo convenio sirva para avanzar en igualdade e en transparencia retributiva. Agardamos que, desta vez, o resto de sindicatos non nos deixe soas nesta loita.


Lembra:

A CIG non asina malos convenios!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!






Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 231016 [.pdf • 114 kB]



Ningún comentario: