

Como é sabido, o noso sector considerado servizo esencial nesta crise, tívose que adaptar en tempo récord a novas formas de prestación de servizo, para garantir a saúde dos traballadores e traballadoras, e evitar a propagación do virus COVID–19 que provocou esta pandemia a nivel mundial. E BBVA para poder dar servizo á clientela, actuou axilmente ante devandita situación con medidas como o teletraballo.
Moitos compañeiros e compañeiras desde as súas casas estiveron facendo accións comerciais, gravando operacións, atendendo chamadas de clientes, coa tripla presión provocada pola inquietude e o medo, pola que exerceron os/as clientes/as preocupados/as polos seus investimentos ou a súa liquidez e, para rematar, por ter a toda a familia confinada xusto á beira do novo posto de traballo.
E con todo, conseguírono. Comportáronse como heroes e heroínas tanto as persoas que teletraballaron como as que estiveron en quendas presenciais, e ambos sistemas combinados funcionaron perfectamente para o Banco.
Agora estamos entrando na fase de reincorporación paulatina y reapertura de oficinas, na que o Banco está actuando de forma totalmente improvisada, sen dar información con antelación suficiente y sen un criterio claro. E o que é máis grave, isto faise como se nada ocorrese, coma si vivísemos aínda no día 12 de marzo, cando cada persoa tiña a súa vida laboral e persoal adaptada a unha normalidade que agora non existe.
A Representación Legal dos/as Traballadores/as temos instado reiteradamente ao Banco a buscar solucións para todas aquelas situacións persoais, que impiden prestar servizo de xeito presencial a diversos colectivos de compañeiros y compañeiras. Entre as casuísticas, sen dúbida algunha, o peche dos centros escolares até o vindeiro curso é unha das máis importantes e graves.
Temos reclamado ao Banco solucións, pero fai ouvidos xordos ao problema. A única alternativa que queda son suspensións de contrato sen remunerar ou reducións de xornada ao 100 %, que non son boas para ningunha das partes. E non o son, porque prexudican economicamente ao traballador/a e organizativamente á empresa que deixa de contar co devandito activo. Onde encaixa que a única saída sexa que a persoa non estea, nin dunha nin doutra forma?. BBVA, como parte da sociedade na que vivimos, ten o deber de ser sensíbel coa situación.
Por todo o anterior, esiximos a BBVA que poña en valor o labor de todo este persoal que se desviviu —e se desvive— pola nosa entidade. Non só con palabras bonitas, se non con feitos. É agora cando o persoal necesita que o Banco apoie unha verdadeira conciliación.
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://ir.gl/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://ir.gl/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario