Compañeiras/os,
T&C vén de informarnos da previsión de reapertura de moitas oficinas agora aínda pechadas a partir do vindeiro luns 1 de xuño. E a partir do luns 8 de xuño prevén que a gran maioría das oficinas estean novamente abertas ao público.
Neste contexto estase indicando ao persoal vulnerábel por patoloxía (diabete, enfermidade cardiovascular -incluída hipertensión-, enfermidade pulmonar crónica, enfermidade hepática crónica, enfermidade renal crónica, inmunodeficiencia ou cancro) a posibilidade de reincorporación ao traballo presencial na oficina baixo 2 premisas: voluntarieade e patoloxía controlada. Polo de agora, queda excluído da posíbel reincorporación a oficinas do persoal vulnerábel por idade (maior de 60 anos).
Para o persoal vulnerábel por patoloxía que desexe a volta ao traballo presencial, a forma de actuar será á seguinte: obterá da/o súa/seu médica/o de cabeceira informe no que se especifique que a súa patoloxía está controlada e remitirá ese informe aos Servizos Médicos de BBVA, que serán en última instancia quen autoricen a volta ao traballo presencial.
Por parte desta Sección Sindical desaconsellamos absolutamente que se solicite voluntariamente a volta ao traballo presencial por parte de persoal vulnerábel por patoloxía sen a obtención do informe médico coa indicación de patoloxía controlada e posterior remisión aos Servizos Médicos de BBVA para a seu visto bo.
Por último, sinala que novamente manifestamos a T&C o noso desacordo con que a desescalada no BBVA se estea a realizar dun xeito tan apresurado, podendo continuar realizando gran parte do persoal o traballo en remoto con absoluta normalidade, favorecendo así unha conciliación real e maior protección da saúde do persoal.
CUMPRE RIGOROSAMENTE AS MEDIDAS PREVENTIVAS
O avance no proceso e desescalada non significa que o virus desaparecese, significa que hai prazas libres nas UCI dos hospitais.
Actuemos con moitísima responsabilidade. Contacta coas delegadas e delegados da CIG cando o consideres.
POR TODAS E TODOS
Anexo V do «Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2»
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario