
A Dirección do BBVA quere tirar vantaxe da pandemia, por unha parte para acelerar a dixitalización forzosa da clientela (que permita reducir postos de traballo). Tamén para restrinxir os servizos á clientela, coma o de caixa, destruíndo máis postos de traballo, que nalgúns casos xa tiña cubertos con contratación temporal (témolo denunciado nas Inspeccións).
Non é un simple «cambio de horario de caja», estamos ante un proceso de reestruturación non negociado, que afecta:
Ao emprego (nas oficinas nas que eliminan ou restrinxen as caixas, reducen o persoal). Xa despediron tamén a compañeiras/os, con anos de servizo con contratos en precario, aos que en previsión xa tiñan atendendo as caixas.
Á distribución do tempo de traballo: quen realizaba exclusivamente funcións de caixa durante toda a xornada, verá reducida a xornada de caixa (ou desaparecerá), incrementándose o tempo para realizar máis funcións de carácter comercial, vendo incrementados os seus obxectivos.
Salarios: A modificación dos obxectivos mínimos necesarios para conseguir cobrar unha retribución, afecta directamente ao cobro desa retribución variable. O banco modifica así o sistema de incentivos.
As funcións: Quen até o de agora tiña funcións de carácter administrativo, terá agora funcións comerciais, o que implicará tamén a necesidade de certificarse (MiFID, LCI, Seguros).
O banco está forzando a dixitalización da clientela e agora restrinxe un servizo que tiña demanda.
A dixitalización a quen máis favorece é ao banco:
- A clientela fai de balde (por agora, xa lle cobrarán no futuro) o traballo que facía o persoal da rede. O banco pode desfacerse de persoal.
- A clientela ao usar as aplicacións cede os seus datos, que son un filón para a banca.
Ante esta reestruturación da entidade que afecta ao emprego e na que se modifican as condicións laborais, sen a preceptiva negociación, a CIG non quedará calada: mobilizarémonos.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
1 comentario:
https://t.me/s/cigbbva/170
Publicar un comentario