Amosando publicacións coa etiqueta Inspección-Traballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inspección-Traballo. Amosar todas as publicacións

15 de xuño de 2020

Concentración contra a reconversión no BBVA

Concentración contra a reconversión no BBVA na Coruña
A empresa pretende facer ver que as restricións dos servizos de á clientela é unha mera decisión empresarial que non afecta ao emprego e ás condicións laborais. Pero non é certo, por iso o 11 de xuño concentránomos na gardando as preceptivas medidas de seguridade.

Esta decisión ten un impacto claro e inmediato sobre as condicións laborais (na distribución do tempo de traballo, nos obxectivos, nos salarios ou no ritmo de traballo, ao se concentrar a mesma actividade en menos tempo).

Tamén ten un impacto sobre o emprego.

2 de xuño de 2020

Non é un «cambio de horario de caja», é unha restrición de servizos, unha reestruturación empresarial non negociada e mobilizarémonos

A Dirección do BBVA quere tirar vantaxe da pandemia, por unha parte para acelerar a dixitalización forzosa da clientela (que permita reducir postos de traballo). Tamén para restrinxir os servizos á clientela, coma o de , destruíndo máis postos de traballo, que nalgúns casos xa tiña cubertos con contratación temporal (témolo ).

Non é un simple «cambio de horario de caja», estamos ante un proceso de reestruturación non negociado, que afecta:

25 de febreiro de 2020

A Inspección de Traballo require ao BBVA polas denuncias da CIG sobre o Pool de baixo desempeño

Desde o ano 2018, esta Sección Sindical veu formulando denuncias contra o BBVA perante as Inspeccións de Traballo das catro provincias galegas, polo coñecido como Pool de Baixo Desempeño e a colección de desmáns, abusos e illegalidades cometidos contra o persoal que o Banco ía metendo nesta listaxe negra (ver comunicado de data 2-11-18)

Mantivemos distintas reunións, tanto na IT da Coruña como na de Madrid a onde finalmente o asunto foi trasladado por entenderse de ámbito estatal. En , o 12-11-19, tivemos a oportunidade de explicarlle ao inspector que é o POOL, e como o Banco o usa como ferramenta de terrorismo psicolóxico co persoal. Co que xa está dentro e co que está fóra por medo a entrar. Tivemos a inestimábel axuda de compañeiras e compañeiros da Rede de Oficinas de Galiza que, dentro das nosas visitas, nos contaron os seus casos e entregaron diversa documentación, na que podía comprobarse que o abuso e a arbitrariedade eran notorias. Incluso unha compañeira prestouse a facer un escrito describindo os 4 anos que levaba no Pool para entregalo en Madrid, e así o fixemos.

Queremos salientar expresamente a colaboración destas compañeiras e compañeiros. Esta vitoria é sobre todo vosa. Xente valente, de cara e sen medo a poñer freo a esta inxustiza.

Porque hai escasos días o Organismo Estatal da Inspección de Traballo veu de contestar a estas denuncias da CIG e deunos a razón, obrigando ao BBVA a que no prazo de 3 meses avalie as condicións de carácter psicosocial das traballadoras e traballadores adscritos ao Pool de Baixo Desempeño ou en Seguimento (data saída do oficio 05-02-20). Estaremos vixiantes do cumprimento polo Banco deste requirimento.

20 de maio de 2019

BBVA: Rexistro de xornada Xa!

Foi duro, pero só percorremos a metade do camiño

Grazas á Proposición de Lei da CIG de xuño de 2017 conseguimos que o Rexistro de Xornada sexa unha obriga para as empresas.
Atrás queda o Confilto Colectivo da CIG contra BBVA, as denuncias nas Inspeccións, ou as mobilizacións.
Pero BBVA foi moi belixerante contra o Rexistro e si hoxe non está en marcha é unha mostra de que o segue sendo. Non o queren e toca manternos firmes, como só a CIG sabe selo, e seguir pelexando.
Para garantir o noso dereito a conciliar e para que nos paguen o que é noso, as horas extras.


BBVA: Rexistro de Xornada Xa!

2 de novembro de 2018

Denunciamos ante Inspección o Pool de baixo desempeño

Ante a continuidade na opacidade e o perverso emprego desta «ferramenta estratéxica» de xestión de RR.HH, temos presentado á Dirección da empresa varias solicitudes para que se dea por rematado o devandito «Plan de Mellora». Dado que non tivemos contestación, interpuxemos denuncias ante a Inspección de Traballo das distintas provincias.

A Representación Legal dos Traballadores e Traballadoras nunca foi informada, e a constatación da inclusión no «Pool» de persoal con doenzas graves, persoas que cumpren os obxectivos, mulleres con redución de xornada, persoal que concatena a súa inclusión por varios anos (ate catro seguidos) orixinándolles baixas psicolóxicas…, levounos a solicitar o amparo á Autoridade Laboral.

Demandamos tamén a eliminación dos «Semáforos», por ser un elemento de elevado estrés para o cadro de persoal. Requirimos que o BBVA inclúa nas avaliacións de riscos laborais a medición dos ritmos de traballo/carga de traballo en todos os postos, sen que se poida incrementar a carga de traballo en tanto non se realice esta avaliación, así como a realización de medicións de tempos coa participación sindical, para garantir que a carga de traballo de cada posto poda ser realizada dentro da xornada laboral e dos horarios pactados.

16 de xaneiro de 2017

Constituídas as mesas con AEB e CECA para negociar os rexistros de xornada e horas extras

A CIG ten representación en ambas mesas
O 12 de xaneiro os sindicatos e as patronais acordamos constituír as mesas negociadoras que, con data 15 de marzo, deberían acordar os sistemas de rexistro de xornada e horas extraordinarias. A CIG, avanzou as características que deberían ter os rexistros, incluíndo o traballo realizado con tabletas ou móbiles de empresa.


 Mobilización da CIG no ano 2004
 contra as horas extras ilegais.
A CECA e a AEB, anunciaron que se trata dunha actuación conxunta; sería a primeira en materia laboral.
Se ata o de agora negaban a existencia dunha fraude masiva na xornada laboral, e negaban a obriga de rexistrar a xornada e as horas extraordinarias, a campaña sindical, na que a CIG tivo un papel preponderante, forzou ás empresas a cambiar de posición.

28 de novembro de 2014

As horas roubadas

Ven de presentarse no congreso dos deputados unha proposta, instando ao goberno a garantir que a xornada de traballo respecte os límites legais, cunha utilización racional do horario, compatible coa verdadeira conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e coa igualdade efectiva entre homes e mulleres. Un plan que evite a práctica bancaria de gañar produtividade a costa de impoñer a prolongación de xornada. , non recoñecidas nin pagadas. Horas roubadas á vida e á saúde.


As horas de balde na filosofía do modelo de dirección

Taberna típica. Mediodía. A dirección da sucursal, cita para xantar á asesora financeira e a un xestor comercial. Semellan celebrar ter acadado os obxectivos en PPI´s. Na sobremesa, o director pide una infusión dado que padece unha úlcera estomacal, cousa do carácter. Mentres fala da necesidade de facer un último esforzo para lograr un máis grande resultado á procura de ser os primeiros na zona, acariña cos dedos o tubo da teteira.
De súpeto, unha grande fumareda cega o recuncho onde están sentados. No medio desa nube aparece un ser fantástico que lles di: «Son o meigo da teteira, concedo tres desexos. Posto que sodes tres, tócavos a un por cabeza». Rápida coma un lóstrego, a asesora lanzou unha batería de peticións, que incluía tres por non ter entendida a instrución.
O Meigo dos desexos recordou que só era posible un deles. Ela optou por escoller unha viaxe pracenteira en destino exótico. Meu dito, meu feito.

20 de setembro de 2013

En garda!!! Chegou Vanguard

A estas alturas da película, xa sabemos que a empresa vén de dar unha nova volta de torca ao proceso de externalización e subcontratación das máis diversas tarefas bancarias, sendo a destinataria Málaga. Co cabo da eficiencia e a maior, se cabe, calidade na consecución dos procesos (lease isto coa debida ironía), se nos vende o traslado das derradeiras funcións administrativas aos compañeiros/as de . En Madrid, e tamén aquí na Territorial Noroeste, quérese transmitir a idea de que o emprego non está en perigo no BBVA e que os compañeiros/as de administración van estar apoiados/as neste proceso de cambio de funcións, que van a sufrir nas súas costas.

En todo o Estado español, estamos a falar de 917 postos de traballo que se amortizan (os RGA, TGA, GA e RCO), creándose dous postos novos por zona nun total de 136 (os Responsables e Técnicos de Control e Operativa), o que fai que se eliminen netos 781 postos
En garda!!! Chegou Vanguard
En garda!!! Chegou o proxecto Vanguard
administrativos; estas persoas, co apoio do banco, van pasar a labores comerciais e, nalgúns casos, a cubrir os postos de caixa baleiros que inda quedan, damos fe, ao longo da nosa xeografía. Na nosa territorial, o impacto deste proceso que se dá en chamar VANGUARD, vai afectar directamente a 121 persoas, inda que se van crear 20 postos novos. O resto, maioritariamente, nun prazo de poucos meses vanse ir trasladando a labores comerciais nas oficinas que se lle asignen. Iso si, dende persoal, se lles vai chamar para ver o seu sentir ante semellante cambio na súa vida laboral.

Até aquí, o sabido. Pero queremos trasladarvos a nosa visión de todo este proceso e do impacto sobre as vidas dos nosos compañeiros e compañeiras, que para nós é o máis importante:

11 de novembro de 2010

Cachados incumprindo

Tres Informes da Inspección de Traballo requiren a BBVA na Provincia de Pontevedra para transformar en indefinidos contratos en fraude de lei.
O pasado día 8 de novembro, a Inspección de Pontevedra remítenos informes sobre as oficinas de A Estrada, Lalín e Agolada, nos que require ao BBVA para que transforme en indefinidos varios contratos temporais, que se atopan en fraude de lei por distintos motivos.

Como xa denunciaramos no seu día, a escaseza de persoal e a falla de contratacións para postos estruturais, fixeron que compañeiros e compañeiras aos que adoitabamos ver un ou dous meses ao ano, e que remataban por atopar outros traballos máis estables, leven concatenando contratos temporais ata esgotar os límites legais ano tras ano, e xa forman parte dos nosos cadros de persoal.

Persoas para as que dende a nosa Sección Sindical reivindicamos, fai agora un ano, o dereito a que se lles recoñecera o labor realizado mediante unha estabilidade laboral que xa deberan ter dende hai moito tempo.

17 de xuño de 2008

A Inspección requeriu ao BBVA para que informe a representación sindical

O pasado día 30 de abril, dende a CIG presentamos unha denuncia contra o BBVA na de pola escaseza, imprecisión e atraso do banco na entrega de información sobre a implantación e contido do Proxecto CLIMA.

Na denuncia se lle expón á Inspección, como se informa de xeito verbal á CIG nunha reunión aparte de outros sindicatos, de cambios organizativos globais e moi relevantes polos que desaparecen postos como o de JGAC ou JGO entre outras cousas.
Asemade, se comenta o feito de que non foron comunicados cambios organizativos anteriores que supuxeron a desaparición e externalización de departamentos completos, no inicio da implantación do PEIT.

22 de maio de 2008

O conflito BBVA chega ao Parlamento galego

A nosa resposta ao Plan de do BBVA non se limita ás que temos en marcha; estamos dando pasos a todos os niveis co fin de frear este proceso. Neste senso, son varias as frontes abertas das que vos iremos informando ao seu debido tempo.

30 de abril de 2008

O día 8 mobilizarémonos na Coruña

O pasado 23 de abril, cunha concentración na Oficina Principal de , a capital de , comezamos o proceso de contra a do BBVA.

Días antes solicitamos formalmente de RR.HH información sobre o alcance do proceso; do número de persoas afectadas; das opcións de recolocación; sobre como afectan os cambios organizativos aos salarios, aos horarios, ás categorías profesionais ou a calquera outra condición laboral.