15 de xuño de 2020

Concentración contra a reconversión no BBVA

Concentración contra a reconversión no BBVA na Coruña
A empresa pretende facer ver que as restricións dos servizos de á clientela é unha mera decisión empresarial que non afecta ao emprego e ás condicións laborais. Pero non é certo, por iso o 11 de xuño concentránomos na gardando as preceptivas medidas de seguridade.

Esta decisión ten un impacto claro e inmediato sobre as condicións laborais (na distribución do tempo de traballo, nos obxectivos, nos salarios ou no ritmo de traballo, ao se concentrar a mesma actividade en menos tempo).

Tamén ten un impacto sobre o emprego.

Moitos postos de caixa xa estaban cubertos con ETT's ou eventuais (feito que tiñamos denunciado nas Inspeccións de Traballo) a quen rescindiron contratos; era algo preparado polo Banco.

A desaparición das caixas non ten nada que ver coa protección da nosa saúde ou coa pandemia, foi unha restrición de servizos que case todos os bancos anunciaron a principios de ano e da que o BBVA leva anos avisando.

Forma parte do proceso de reconversión impulsado a conta da dixitalización. Que a clientela tenda ao autoservizo (banca electrónica e caixeiros), de balde por agora, logo mesmo pagarán por facer o traballo que faciamos nós.

Os bancos incluso están tratando de impulsar o cambio de hábitos aproveitando a pandemia para avanzar máis rápido neste proceso.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 200615 [.pdf • 528 kB]



Ningún comentario: