O pasado 23 de abril, cunha concentración na Oficina Principal de Compostela, a capital de Galiza, comezamos o proceso de mobilizacións contra a reconversión do BBVA.
Días antes solicitamos formalmente de RR.HH información sobre o alcance do proceso; do número de persoas afectadas; das opcións de recolocación; sobre como afectan os cambios organizativos aos salarios, aos horarios, ás categorías profesionais ou a calquera outra condición laboral.
Non tivemos contestación por parte de RR.HH, polo que temos presentado unha denuncia na Inspección de Traballo.
Desgraciadamente o Banco continua co proceso de reconversión, e hoxe temos coñecemento por outras fontes do alcance do mesmo, reafirmándonos no denunciado na mobilización do día 23 de abril.
O vindeiro día 5 de maio participaremos nunha reunión en Lisboa con todos os sindicatos europeos do BBVA, agás CC.OO e UGT, que non estarán presentes por decisión propia. O proceso de reconversión da Entidade é a nivel europeo, polo que consideramos moi importante unificar criterios e incluso proporemos mobilizacións de ámbito europeo.
Ante esta situación o proceso de mobilizacións debe continuar, así que o vindeiro día 8 de maio concentrarémonos de novo, desta volta ante a Oficina Principal de A Coruña.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario