28 de abril de 2008

Non á reconversión do BBVA

mobilización na OP do BBVA en Compostela

Casi 200 de delegados e delegadas da CIG concentrouse o 23 de abril na Oficina Principal do BBVA na capital de para protestar pola posta en marcha dun proceso de que pode levarse por diante 400 postos de traballo no país.

Ao berro de «Váiase señor González», en referencia a , presidente do banco, a CIG comezou as contra o inicio dun proceso de no BBVA.

Recentemente este banco, que tivo uns beneficios de 6.126 millóns de euros no ano 2007, presentou o denominado «Plan Estratégico de Innovación e Transformación» (PEIT) co que pretende reducir custes amortizando 8.000 postos de traballo no Estado, 400 deles en (que representan un 31 % dos empregos actuais), apostando pola subcontratación e a deslocalización de servizos.

Nunha primeira fase, a empresa iniciou o desmantelamento dos Servizos Centrais; gran parte do traballo que anteriormente se desenvolvía nos departamentos centrais, incluídos os de Galiza, está hoxe exteriorizado nunha empresa denominada situada en Málaga que aplica o de Oficinas e Despachos daquela provincia. Outros servizos están sendo atendidos dende Perú, a onde o BBVA deslocalizou estes traballos na procura de man de obra aínda máis barata.

O próximo paso dentro deste afecta á rede comercial, e comezou coa desaparición da figura de Director/a e de Interventor/a. Agora o banco experimenta a posible substitución do persoal administrativo a través de subcontratas de empresas de servizos creadas polas grandes compañías de seguridade.

Os 400 postos de traballo que desaparecerán en Galiza serán amortizados pola vía dun reducido paquete de prexubilacións e por baixas «voluntarias» incentivadas, é dicir con despedimentos encubertos.

Para dar resposta fronte a esta agresión aos traballadores e as traballadoras, a CIG iniciou coa concentración do día 23 en , un proceso de mobilizacións que continuará até que a empresa retire o Plan e garanta os postos de traballo e as condicións laborais.

Así mesmo, a CIG denuncia que a gran banca, máxima responsable da económica mundial actual, pretende afondar nun modelo económico especulativo fracasado, aplicando as mesmas receitas que teñen levado ao sistema financeiro mundial ao borde da bancarrota.





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: