24 de decembro de 2018

Desexos de Aninovo

Este ano 2018 está nas súas derradeiras horas e, dende a Sección Sindical da CIG, queremos felicitar estas Festas a todo o cadro de persoal do BBVA. E, coma sempre, pedímoslle a este ano que comeza unha serie de desexos que queremos compartir con todos e todas vós. Para que o 2019 sexa un ano mellor que o que queda atrás:


  1. Un «kit» de flexibilidade, que leve incorporado un sistema de control horario. Así entraremos e sairemos á hora da oficina. Adeus as horas extras nin pagadas nin compensadas e que o tempo de lecer sexa noso e da nosa familia.
  2. Na oficina, sería estupenda unha dose (ou dúas) menos de seguimento. Poder traballar con tranquilidade, redundaría en máis calidade e mellor venda e servizo á clientela. Tamén unha aplicación para diminuír a «reunionite aguda» e o presencialismo. E por suposto, nada de semáforos.
  3. Queremos xefes ou xefas PERSOAS. Últimamente, abondan robots que o único que saben facer é mirar cifras e máis cifras , mandar hang out e correos a tropel, esquecendo que tratan con seres humanos. Que saiban filtrar a presión, escoiten e trasladen cara arriba, que faciliten, e que non só lembren o negativo e, cando toque, nos feliciten polo bo traballo. Que saiban facer equipo.
  4. Queremos traballar nun entorno seguro para a saúde (física e mental), limpo e, xa de paso, se hai algún incidente nese eido, sentir o apoio dos departamentos responsables de solucionalo.
  5. Queremos que se esquezan dos despedimentos por baixo rendemento e non xustificados, e que o Pool que exista só sexa de talento porque o outro o único que fai é agoniarnos… Traballar no disparadeiro non axuda a cumprir obxectivos, ao contrario, facilita que se cumpran mal.
  6. Non volver preocuparnos por outra rolda de cambios e reestruturacións, ou sabelo por un correo de tecnoloxía en vez de por unha conversa de TeC. Que os cambios de función, sexan realmente voluntarios e non movidos polo medo.
  7. Formación de calidade e presencial para todo o persoal (e non só para os e as de sempre). En tempo de traballo e compensada con descanso. E para o departamento de Talento e Cultura, sería estupendo un curso de xestión de persoas e empatía. Pero tamén presencial (a versión de luxo), porque a versión online xa se sabe que lles saíu defectuosa. Tamén que non esquezan conceptos tan importantes como conciliación, visión de xénero e sobre todo respecto polo persoal.
  8. E, por último pero non menos importante, para o próximo convenio unha suba salarial que nos permita recuperar o poder adquisitivo perdido. Tamén un bo feixe de prexubilacións, que tamén nos valerían algunhas xubilacións parciais, e xente nova para completar os equipos que boa falta fai.




O mellor deste ano que remata e de todos os que han vir, é o de sempre:

O PERSOAL do BBVA!

Felices Festas, compañeiras e compañeiros!





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 181224 [.pdf • 5'47 MB]


Ningún comentario: