Amosando publicacións coa etiqueta Talento e Cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Talento e Cultura. Amosar todas as publicacións

24 de decembro de 2018

Desexos de Aninovo

Este ano 2018 está nas súas derradeiras horas e, dende a Sección Sindical da CIG, queremos felicitar estas Festas a todo o cadro de persoal do BBVA. E, coma sempre, pedímoslle a este ano que comeza unha serie de desexos que queremos compartir con todos e todas vós. Para que o 2019 sexa un ano mellor que o que queda atrás:

2 de agosto de 2018

BBVA executa un novo despedimento inxusto e inxustificado

O pasado venres 27 de xullo, a Xefa de Relacións Laborais da Territorial, acompañada do Director de Zona de Galiza–Sur, entregou carta de despedimento a unha xestora comercial, como conclusión a un expediente aperturado escasos días antes. A carta, referida a aspectos de actitude e conduta, contén inexactitudes, incertezas e non se axusta á realidade, polo que pensamos que o verdadeiro motivo do despedimento foi ter estado en situacións de baixas laborais por enfermidade e ter solicitado actualmente unha redución de xornada por coidado de filla, nunha oficina desbordada de traballo e cunha dotación de persoal manifestamente insuficiente.

Do amplo abano disciplinario do que dispoñen as empresas, o despedimento dun traballador ou traballadora debe ser o último chanzo e unicamente para o caso de faltas moi graves. A sanción imposta á compañeira é absolutamente desproporcionada e non todo vale! Este despedimento é consecuencia das carencias organizativas e de xestión de persoas nun entorno cunha presión comercial esaxerada, con falta de persoal na oficina por baixas prolongadas de varios compañeiros e compañeiras (suplido con contratacións temporais sen experiencia), etc. E a solución pasa, neste caso, por eliminar o síntoma antes que curar a enfermidade.

Pasaría o mesmo nunha situación laboral normal na oficina? Coa debida dotación de persoal? E se a resposta é NON, de quen é a culpa? Quen é responsábel?

22 de decembro de 2017

Os mellores desexos

Remata 2017 e, desde a CIG, enviámosvos os nosos mellores desexos para o vindeiro ano. E non queremos deixar pasar a ocasión para facer balance do que non queremos repetir, para que o ano que entre sexa realmente un ano mellor que o que queda atrás:


20 de novembro de 2017

Non aos despedimentos no BBVA

Os sindicatos presentes no BBVA, mobilizámonos unha vez máis contra os despedimentos indiscriminados que se veñen producindo na nosa empresa.

Nesta ocasión, novamente sen aviso nin expediente disciplinario previo, e nunha situación de total indefensión, o BBVA despediu a un compañeiro coa escusa dunha suposta «transgresión da boa fe contractiual, abuso de confianza e diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo».

Esta actuación é un exemplo máis, e xa van máis de no último ano, de como utiliza o BBVA a inxusta Reforma Laboral para a realización de despedimentos inxustificados e arbitrarios, aos que só Iles encontramos un motivo: «Amedrentar ao cadro de persoal».

1 de marzo de 2017

BBVA despide, As/Os Traballadoras/es Respondemos

Unha vez máis, os pasados 14 e 23 de febreiro, os Sindicatos realizamos concentracións de delegadas/os para expresar o noso rexeite aos despedimentos directos (sen expediente previo) que, nesta ocasión, se produciron en , e .

Despedimentos realizados mediante a escusa de «Baixa Produtividade» e «Falta de Compromiso», e que afectan a compañeiros e compañeiras que foran incluídos/as previamente no (Colectivo de «Baixo Desempeño») en base ao prototipo deseñado por «Talento e Cultura».

Actuación que se realiza coa colaboración necesaria dos Directores/as de Zona e de CBC, que son as persoas encargadas de sinalar e confeccionar o listado do persoal afectado preestablecido por «Talento e Cultura» para, chegado o momento, despedir.

Concentracións en Pamplona e Madrid contra os despedimentos en BBVA