Os sindicatos presentes no BBVA, mobilizámonos unha vez máis contra os despedimentos indiscriminados que se veñen producindo na nosa empresa.
Nesta ocasión, novamente sen aviso nin expediente disciplinario previo, e nunha situación de total indefensión, o BBVA despediu a un compañeiro coa escusa dunha suposta «transgresión da boa fe contractiual, abuso de confianza e diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo».
Esta actuación é un exemplo máis, e xa van máis de 50 despedimentos no último ano, de como utiliza o BBVA a inxusta Reforma Laboral para a realización de despedimentos inxustificados e arbitrarios, aos que só Iles encontramos un motivo: «Amedrentar ao cadro de persoal».
Hoxe tocoulle a un compañeiro de Lugo e mañá pode tocarnos a calquera de nós, polo que temos que dar unha resposta adecuada a estes despedimentos.
0 conxunto da representación sindical do traballadores e traballadoras do BBVA dirixímonos aos responsables de Talento y Cultura (Recursos Humanos), para esíxirlles o cese na súa «política do medo» baseada en despedimentos inxustificados. Por iso, realizamos unha concentración de delegados e delegadas pola defensa do emprego o luns 20 de novembro ás 9 horas, fronte ao SMAC de Lugo, na Av. de Finqoi nº 70 da cidade.
ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB ·
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario