Os sindicatos presentes no BBVA, mobilizámonos unha vez máis contra os despedimentos indiscriminados que se veñen producindo na nosa empresa.
Nesta ocasión, novamente sen aviso nin expediente disciplinario previo, e nunha situación de total indefensión, o BBVA despediu a un compañeiro coa escusa dunha suposta «transgresión da boa fe contractiual, abuso de confianza e diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo».
Esta actuación é un exemplo máis, e xa van máis de 50 despedimentos no último ano, de como utiliza o BBVA a inxusta Reforma Laboral para a realización de despedimentos inxustificados e arbitrarios, aos que só Iles encontramos un motivo: «Amedrentar ao cadro de persoal».